Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Xornal21.es
Lunes, 08 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Galicia á vangarda mundial na acuicultura.

O titular do Goberno galego visitou as instalacións do Pescanova Biomarine Center do Grupo Nueva Pescanova

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta do sector pesqueiro pola I+D+i para posicionar Galicia á vangarda mundial na acuicultura. Non en van, a Comunidade produce o 20% do total do peixe e marisco criados en Europa, acadando o 85% do total da produción en España.

 

Durante unha visita ás instalacións do Pescanova Biomarine Center do Grupo Nueva Pescanova, Feijóo resaltou que a acuicultura galega xerou en 2020 máis de 254 millóns de euros, con 400 persoas máis traballando, chegando aos 5.600 empregos.

 

Nesta liña, referiuse ao Grupo Nueva Pescanova como exemplo dese compromiso coa innovación así como coa sustentabilidade dos recursos mariños. “Estamos a falar dunha multinacional líder na comercialización dos produtos do mar e que hoxe pon a funcionar o Pescanova Biomarine Center, o primeiro centro privado de investigación acuícola de España e un dos tres máis importantes de Europa, a través de novas técnicas sobre xenética, nutrición, saúde e benestar animal”, destacou. Ademais, subliñou que nesta compañía  traballan máis de 10.000 persoas, elaborando 160.000 toneladas de produtos do mar nas súas 17 plantas espalladas por todo o mundo, catro delas situadas en Galicia -Arteixo, Insuiña-Xove, O Porriño e Chapela.

 

 

 

 

Garante o apoio do Goberno galego ao sector pesqueiro, cuns orzamentos para 2022 da Consellería do Mar que soben a preto de 200  millóns, cun incremento do 50% nos últimos cinco anos

 

 

 

 

O titular da Xunta aproveitou o acto para garantir o apoio do Goberno galego ao sector pesqueiro, cuns orzamentos para 2022 da Consellería do Mar que soben aos preto de 200 millóns, cun incremento do 50% nos últimos cinco anos.  “E imos seguir traballando na comercialización e na transformación”, dixo, lembrando tamén que desde 2009 a Administración autonómica leva investidos 70 M€ para apoiar a mellora das pemes de transformación de produtos do mar e da acuicultura.

 

Feijóo salientou ademais a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation, para os que Galicia conta cunha proposta seria, viable e solvente. Así, na área da industria marítimo-pesqueira, a Comunidade conta con sete iniciativas que supoñen un investimento de máis de 500 millóns e a creación de 1.000 postos de traballo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.