GALICIA
FUNDAMAR publica a segunda parte do estudo de prevención de riscos laborais con enfoque de xénero
FUNDAMAR publica a segunda parte do “Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros”, posto en macha no 2021, co apoio da Xunta de Galicia, e que ten por obxectivo xeral identificar, analizar e propoñer unha serie de medidas preventivas e recomendacións prácticas en materia de PRL, como continuidade do estudo pioneiro realizado no 2020, para axudar á integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros de Galicia e promover a eliminación dos factores de desigualdade.
A publicación, dirixida a empresas armadoras e tripulacións dos buques de pesca, técnicos/as de prevención de riscos laborais e outros/as profesionais do ámbito da seguridade e saúde no traballo, axentes económicos e sociais e calquera persoa interesada neste tema, propón e concreta unha serie de medidas e recomendacións, desde o punto de vista da seguridade, a saúde laboral e a igualdade, que axudarán a implantar a integración do factor xénero nas actuacións preventivas no sector en xeral e nos buques de pesca en particular; contribuíndo así a mellorar a seguridade e as condicións de traballo de todas as persoas traballadoras, independentemente do seu xénero, e evitar as desigualdades a este respecto na saúde laboral e a sensibilización e concienciación nesta materia de todos os actores e axentes vinculados, directa ou indirectamente, ao ámbito do mar e da prevención de riscos laborais.
Entre as medidas e recomendacións propostas destacan as seguintes:
Maior concienciación e sensibilización en igualdade e perspectiva de xénero na sociedade en xeral e no sector da pesca, coa finalidade de impulsar, a través de campañas de sensibilización, un cambio de mentalidade nestas dúas esferas e que o traballo nos buques de pesca non se vexa como unha actividade soamente para homes.
-
Posta en valor do traballo da muller nas actividades da pesca extractiva e normalizar a súa presenza no sector, realizando actuacións para difundir e visibilizar ás mulleres que están traballando nos buques de pesca, recoñecer o seu traballo e reivindicar o seu papel nestas profesións.
-
Pautas para integrar a perspectiva de xénero na xestión da prevención de riscos laborais nos buques de pesca, como realizar a avaliación de riscos laborais e adopción de medidas preventivas considerando o factor xénero; integrar na información e formación en materia de PRL o enfoque de xénero, así como deseñar os postos, equipamento e mobiliario nos buques de pesca adaptados ás características antropométricas da persoa traballadora que o vaia ocupar, sexa home ou muller, e seleccionar e adaptar os equipos de protección individual (EPIs).
-
Mellora do contido da caixa de primeiros auxilios, incluíndo novos medicamentos dirixidos á tripulación feminina e aumentar a cantidade doutros para axustalos ao tempo que dura a campaña de pesca ou tendo en conta o lugar onde está localizada a base do buque.
-
Mellora da vixilancia da saúde desde o enfoque de xénero.
-
Adaptación estrutural dos aloxamentos e instalacións sanitarias dos buques pesqueiros para lograr a intimidade das persoas traballadoras e facilitar unha mellor habitabilidade e convivencia.
-
Participación real e efectiva das mulleres na seguridade e saúde laboral no sector da pesca extractiva
-
Propostas para a inclusión do factor xénero en estudos, medicións e outras actuacións en materia de PRL en xeral e no sector da pesca marítima en particular.
-
Apoio de doutros instrumentos como son o Plan de Prevención, o Plan de Igualdade e a negociación colectiva, que poden axudar a paliar os factores de risco relacionados coa desigualdade de xénero e desenvolver medidas que garantan a igualdade efectiva entre homes e mulleres neste sector.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217