Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 13 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Partido Socialista de Ponteareas busca a da colaboración do Goberno Central de cara á licitación das obras da N-120

Apostamos por continuar coa vía que nos trouxo xa os avances de cara á licitación das obras da N-120 e o inicio da Variante

O grupo socialista de Ponteareas aposta por seguir traballando e utilizando tódolos recursos ao seu alcance para conseguir a execución canto antes das obras de mellora da N-120, no marco do proxecto valorado en 4 millóns de euros, elaborado polo actual Goberno de España e seguir avanzando na tramitación de cara á execución da Variante de Ponteareas.

 

As concelleiras e o concelleiro ponteareáns entenden que "o ruído e a confrontación non son o camiño, senón o da colaboración institucional cun Goberno, presidido por Pedro Sánchez, que ha propiciado nestes dous últimos anos moitos máis avances que durante os 8 anos do Goberno de Mariano Rajoy. Como dixo onte o noso secretario xeral provincial, David Regades, Rajoy só deixou carpetas baleiras e partidas orzamentarias de aire, pois non había proxectos técnicos que licitar e nin sequera expedientes iniciados".

 

"Respectamos as opinións dos outros grupos políticos e, especialmente, ás dos colectivos veciñais que opten pola mobilización social, pero apostamos por continuar coa vía que nos trouxo xa os últimos avances de cara á licitación das obras da N-120, que hoxe están máis cerca que nunca, e no camiño que falta para converter en realidade o ansiado proxecto da Variante. Xa o conseguimos coa depuradora, que supuxo unha clara aposta deste Goberno progresista por Ponteareas, e o mesmo queremos facer con estas infraestruturas viarias. Seremos esixentes, persistentes e contundentes na defensa dos intereses de Ponteareas onde toca, que é na xestión diaria tanto diante da Administración Xeral do Estado como diante dos distintos representantes do noso partido, e moi especialmente, diante do grupo de deputados/as socialistas galegos/as no Congreso dos Deputados. Ata agora atopamos a máxima colaboración e receptividade e por esa vía continuaremos" sinalan.

 

É preciso lembrar que a atención prestada pola Subdelegacióndo Goberno de Pontevedra ao Concello de Ponteareas foi sempre dilixente e así se manifestou no último escrito remitido á Alcaldesa ante as inquedanzas das obras pendentes: “ Xa transmitín por escrito a través do meu gabinete o compromiso desta Subdelegación e do Goberno de Pedro Sánchez con Ponteareas indicando que as obras da mellora da seguridade viaria na N120 e a variante de Ponteareas seguen a tramitación administrativa establecida e contan con partida económica para poder desenvolverse”, afirma M. Carmen Larriba, Subdelegada do Goberno.

 

"O grupo socialista seguirá traballando na mesma liña econtribuirá, con todas as súas forzas, para que a axenda de asuntos pendentes que non acometeu PP, que tras oito anos deixou promesas incumpridas e frustración, sexa pronto un mal recordo. E farao con lealdade institucional, sempre sumando e sempre da man da veciñanza do noso concello".

 

"Ao mesmo tempo, anunciamos que ese mesmo nivel de esixencia que poñemos ao Goberno de España manterémolo para a Xunta de Galicia, que leva prometendo dende 2017 as obras de mellora da seguridade viaria na PO-403 sen que se teña producido dende entón ningún avance salientable" conclúen.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.