Mos
Tres proxectos para mellorar o tráfico en Petelos, Mos e Cela
Os barrios de A Laxe, Gándara e San Cosme serán os beneficiarios destas actuacións que implicarán a ampliación da calzada, entre outras optimizacións
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron onte de que o Concello atópase traballando en 3 importantes proxectos de ampliación de calzada para solventar problemáticas de tráfico e mellorar a mobilidade peonil en viais das parroquias de Petelos, Mos e Cela.
Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, explicaron a este respecto que “os técnicos atópanse traballando na elaboración dos proxectos que mellorarán a seguridade viaria e a mobilidade, tanto rodada como a pé, en A Laxe, parroquia de Petelos; a zona dos Penedos ou da Gándara na parroquia de Mos e San Cosme en Cela. Proxectos que se atopan prácticamente finalizados e que serán acometidos de cara ao vindeiro ano 2022”.
![[Img #72331]](https://xornal21.com/upload/images/11_2021/3259_zona-actuacion-proxecto-a-laxe.jpg)
A mellora da seguridade viaria no Camiño da Laxe, parroquia de Petelos, abarcará un tramo de 38 metros de lonxitude, incluíndo actuacións previas comi limpeza e desbroce dos bordes do vial entre outras, execución de firmes e pavimentos, execución dun muro de contención de terras (muro de gravidade de pedra); e instalación de sinalización, balizamento e defensas.
O muro de contención terá unha altura de 6 metros de media e unha lonxitude de 31’55 metros.
![[Img #72330]](https://xornal21.com/upload/images/11_2021/4765_zona-actuacion-proxecto-a-laxe2.jpg)
Proxéctase a ampliacion da seccion do vial (4,00 metros dende o eixo do vial). Polo tanto levarase a cabo un sobreancho da calzada. Debido á perigosidade do tramo, con un ancho menor de 4 metros para o cruce de vehículos e a existencia dunha curva pechada, con moi pouca visibilidade, proponse a ampliación da plataforma para mellora o trazado e posibilitar o cruce de grandes vehiculos con maior seguridade.
Ademais deséñase unha pequena zona de esparcemento no espazo que queda libre entre o sobreancho do vial e a coroación do muro.
Coa ampliación do ancho do vial e cos novos condicionantes de mellora da seguridade vial, cómpre rediseñar a sinalización horizontal e vertical. Algunhas destas sinais adaptaranse ás novas condicións de circulación (como a reduccion da velocidade). Proxéctanse así mesmo elementos como unha barandilla de aceiro galvanizado, e reductores de velocidade tipo “lomo de asno”, para aumentar a seguridade, no sentido descendente do vial. Colocaranse sinais verticais (velocidade maxima de 30 km/h, sinalización de resaltos, etc).
Estímase un prazo aproximado para execución das obras de tres meses desde o seu inicio.
O proxecto de mellora da seguridade viaria do Camiño da Cachada entre o Camiño das Minadas e o Camiño de Gándara trátase dunha actuación de ampliación de sección viaria cunha lonxitude de 489 m, axustándose ás aliñacións que define o PXOM, cun ancho de 8 m. Isto permitirá mellorar a seguridade de circulación de persoas e vehículos, para o que será necesario executar: escavacións e novos noiros ou muros de contención, repoñer a rede de drenaxe, deseñar os firmes e pavimentos e mellorar a iluminación. Doutra banda, será necesario dispoñer dos terreos polos que se proxecta a actuación.
E por último, o terceiro proxecto que inclúe as obras de mobilidade peonil e de seguridade viaria no Camiño de San Cosme e Camiño da Quinta, Cela; trátase dunha actuación duns 860 m de lonxitude que mellorará o funcionamento dun vial cunha intensidade importante en horas puntuais (acceso a colexio). Para iso, prevese unha reordenación do tráfico, que será de único sentido. Ademais, ampliarase a sección viaria ata as aliñacións que marca o PXOM, deixando un ancho libre de 8 m. Isto permitirá xerar novas sendas peonís, de polo menos 2.50 m de ancho, e a previsión de aparcamentos, onde se dispoña de espazo dispoñible. Entre outras actuacións será necesario executar: escavacións e novos noiros ou muros de contención, repoñer a rede de drenaxe, deseñar os firmes e pavimentos e mellorar a iluminación. Será necesario dispoñer dos terreos polos que se proxecta a actuación.
Os tres proxectos atópanse incluídos no capítulo de inversións do orzamento municipal para 2022 no que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o seu equipo de goberno se atopan traballando e que está xa en proceso de ser ultimado para aprobación en Pleno no presente mes de novembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49