VIGO
A Xunta trae esta semana a Vigo os concertos de Pálida y Lago Marta e de Abraham Boba
As salas Kominsky e La Fábrica de Chocolate Club acollen ata fin de ano 16 actuacións cunha oferta musical que vai desde o freejazz, a electrónica, o punk ou a música impro
Coa actuación na sala Kominsky comeza a programación do ciclo promovido pola Xunta Música en salas para esta semana en Vigo. Complétaa Abraham Boba, xa o sábado, ás 21,30 h., en La Fábrica de Chocolate Club. O ciclo promove a realización de 16 concertos en Vigo antes de que acabe o ano.
Na sala Kominsky, Pálida y Iago Marta sairán dos seus rexistros habituais para ofrecer un recital mixto e aberto á improvisación. Iago Marta, aínda que centrado nos últimos anos na música para imaxe, segue gozando do escenario no que toca distintos xéneros jazz, rock, poesía musicada, folk… mentres que Pálida é o proxecto de música electrónica de José Garnelo, quen xira cada vez máis cara ao techno máis psicodélico.
Non será esta a única cita que prepara a Kominsky ao abeiro de Música en Salas. Polo seu escenario pasarán tamén nas vindeiras semanas, entre outros, a poliédrica Palito, compositora, cantante, guitarrista, filósofa e melómana; FILO, trío entregado á improvisación, con ritmos influenciados polo freejazz, o punk ou o noise; ou propostas como as de Mascada e Óscar Avendaño.
Carteleira de Fábrica de Chocolate
En La Fábrica de Chocolate Club desembarcará o sábado Abraham Boba, o proxecto persoal de David Costas, cofundador e cantante de León Benavente e referente da música indie-rock nacional, quen aposta con esta proposta polos concertos íntimos, sesións de baile e espectáculos nos que conxuga o audiovisual e a palabra.
Pola mesma sala tamén pasarán en vindeiras semanas, entre outras propostas, a música electrónica de Hora Lobo; ou o post punk de marcada enerxía rock da banda Youcanthide, que une ao rapero Keiko coa banda King of the Beach ou The Rapants, o grupo que transita polo surf-garaxe e indie-rock. A programación deste mes en La Fábrica de Chocolate será pechada polo trío de versións dos anos 60 e 70 Los EP. Batea, a banda viguesa de rock-trad que presentou este verán o seu primeiro álbum, pechará a programación feita pola sala para este ciclo.
Música en Salas está promovido pola Xunta de Galicia coa fin de reactivar o sector dos locais de actuacións e a escena musical galega e xorde en base a un convenio asinado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Asociación de Salas de Música ao Vivo-Clubtura. O programa conta tamén co apoio da asociación Músicas ao vivo.
O calendario con todas as citas de Música en salas pode consultarse nas axendas das webs de Cultura de Galicia e da Agadic.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185