GALICIA
O Consello da Xunta autoriza o Plan de control de vertidos na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
O programa acometerase mediante 3 contratos, un por cada ámbito territorial da Demarcación Galicia-Costa: norte, centro e sur, prevendo a prórroga por 3 anos máis
O Consello da Xunta autorizou hoxe a licitación dos contratos para o desenvolvemento do Plan de control de vertidos na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa nos dous vindeiros anos, que suporá un investimento de máis de 6 millóns de euros, tendo en conta que se prevé a posibilidade de prorrogar os contratos por 3 anos máis.
A autorización dálle continuidade ao Plan de control de vertidos que vén desenvolvendo a Xunta, a través de Augas de Galicia, para realizar o seguimento das masas de auga de competencia autonómica e garantir a súa calidade.
Este programa levarase a cabo mediante 3 contratos, un por cada ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa: norte, centro e sur.
Neste sentido, a zona norte abrangue a contorna dos ríos Grande, Mero, Mandeo, Eume, Sor, Landro, Ouro e Masma, e polo tanto, tamén as rías de Camariñas, Betanzos, Ares, Ferrol, Ortigueira, Cedeira, Viveiro ou Ribadeo.
A zona centro engloba as áreas dos ríos Ulla, Tambre, Xallas e do Castro, así como as das rías de Arousa, na marxe dereita, Muros e Corcubión.
A zona sur inclúe os ríos Verdugo, Lérez e Umia e as rías de Vigo, Baiona, Pontevedra e Arousa, na marxe esquerda.
Obxectivos
Os principais obxectivos deste plan son xestionar as alertas por vertido ao dominio público, localizar estes focos, avaliar a súa importancia e establecer o procedemento para acadar a súa eliminación.
Os responsables destes contratos tamén deberán identificar zonas potencialmente sensibles, realizar plans de recuperación de áreas danadas, desenvolver estudos concretos, implantar redes de control ou fomentar a concienciación social.
Xestión de alertas
O Plan de Control de Vertidos ten establecido un protocolo de actuacións coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) para garantir a eficiente resposta ás alertas en materia de vertidos que recibe o servizo de atención de emerxencias 112.
Este servizo centralizado de atención telefónica está dispoñible as 24 horas e os 365 días ao ano.
Ademais, os cidadáns tamén poden comunicar un vertido a un río ou ao mar a través da páxina web de Augas de Galicia.
O número total de alertas comunicadas desde o ano 2010 ata a actualidade ascende a 5.880. No que vai de ano lévanse atendido un total de 605 alertas.
O plan consta dun protocolo coa Axencia Galega de Emerxencias para garantir a resposta eficiente ás alertas de vertidos do 112
Inspección e seguimento
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante o Plan de Control de Vertidos, desenvolve un seguimento de todos os vertidos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.
Para localizar estes focos e proceder á súa avaliación, os técnicos do plan efectúan campañas das redes fluviais e das rías e inspeccións rutineiras ou a raíz das alertas notificadas.
A Xunta, desde a posta en marcha deste plan realizou preto de 88.000 inspeccións, contabilizándose ao longo do que vai de ano 2021 un total de 7.136.
Inventario
O Plan de Control de Vertidos tamén inclúe o inventario de puntos de vertido, tanto en dominio público hidráulico como en dominio público marítimo-terrestre. Estes puntos clasifícanse segundo se consideren contaminantes, en investigación, cumpridores dos límites de vertido ou xa emendados.
O traballo de seguimento dos puntos ten contribuído a que os focos subsanados por Augas de Galicia ou que cumpren os límites de vertido ascendan ao 88% dos inventariados.
A Xunta considera prioritaria a protección das rías galegas para garantir a calidade das súas augas, que redundará no futuro de actividades estratéxicas na comunidade como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo.
A este respecto, o plan abrangue un exhaustivo e sistemático seguimento dos puntos de vertido inventariados nas rías co fin de emendar os posibles focos contaminantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217