
Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos desprazarase ata Tomiño o vindeiro luns 22 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, na RÚA DANIEL CALZADO POCEIRO.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.
Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.
No desenvolvemento do noso traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños.
Alquiler de espacios para eventos
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.