CINE | TV | VIDEOJUEGOS
Nace Cinema Rabudo, a primeira mostra galega de audiovisual inconformista
A ONGD Agareso organiza esta cita, co apoio da Deputación da Coruña e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
Cinema Rabudo nace en Santiago de Compostela co fin de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e inconformista e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Feminismos, ecoloxismo, dereitos humanos, multiculturalidade e migracións son algúns dos temas que se tratan nas oito pezas que se proxectarán entre o 22 e o 26 de novembro nos Multicines Compostela, sempre ás 20:00h, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
A mostra, organizada por Agareso –Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social– ademais da proxección dos filmes, tamén contará coa participación –presencial ou virtual– da maioría das autoras e autores das obras, con quen o público terá a oportunidade de charlar ao rematar as pezas.
O primeiro día da Mostra, luns 22 de novembro, O Cinema Rabudo iniciará a súa andaina coa proxección de catro curtametraxes. Unha delas El amargo sabor de las naranjas foi realizada por estudantes do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional de Agareso e A Asamblea de Cooperación pola Paz –ACPP-. A peza, gravada en Lepe, narra as duras condicións de vida dos temporeiros da froita. A esta curta acompañarana outras tres, gañadoras do último certame audiovisual EDITA: Las flores que arrancas, Je suis nue e O afeto e a rúa.
Os Multicines Compostela acollerán as proxeccións de 8 filmes, do 22 ao 26 de novembro, ás 20h, e a entrada será gratuíta
O martes 23 estrearase en Santiago o documental Garantía de Vida, que denuncia as consecuencias que ten sobre a vida das mulleres a prohibición total do aborto na República Dominicana. Na peza, as vítimas ou as súas familias contan, a través da súa experiencia, o que supón vivir baixo o marco dunha lei que impide a interrupción do embarazo en tódolos supostos. Ademais, o documental segue de cerca a loita das mulleres dominicanas para a despenalización do aborto en tres causais.
A terceira xornada de proxeccións, mércores 24, é a quenda do documental Cholitas que amosa a vida de cinco mulleres indíxenas que coas súas vestimentas tradicionais lograron ascender os 6.962 metros do Aconcagua, a montaña máis alta de América. Despois da longametraxe, o público terá a oportunidade de falar co co-director, Jaime Murciego.
O xoves 25, o Cinema Rabudo adentrarase na realidade das persoas migrantes que cruzaron o Mediterráneo estes anos tratando de chegar a Europa a través do documental Cartas Mojadas. A peza conta, a través dunha voz misteriosa dende o fondo do mar, a epopea máis tráxica da nosa historia contemporánea.
Pechará a I Mostra Galega de Audiovisual Inconformista, a proxección, o venres 26, o documental #boza, un selfie en primeira persoa do plural sobre as migracións. Boza é a sonada palabra que moitas persoas migrantes berran ao chegaren a Europa pero, que significa realmente? Cando se cumpre de verdade o soño de boza? Chégase algún día? Alhassane, Aminata, Mamadou, Mariam e Yahya explican en primeira persoa e coas súas propias imaxes o seu periplo cara Europa.
PROGRAMA COMPLETO
Luns 22
Proxección das curtas gañadoras do último certame audiovisual EDITA
• Las Flores que arrancas
• Je suis nue
• O afeto e a rúa
E estrea de El amargo sabor de las Naranjas, curta documental sobre as duras condicións de vida das e dos temporeiros da froita realizada polo alumnado do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional. Coa presenza de Francisco Rodríguez e Coral Piñeiro.
Martes 23
Garantía de Vida, documental que denuncia as consecuencias que ten sobre a vida das mulleres a prohibición total do aborto vixente na República Dominicana, co equipo das produtoras (Agareso e ACPP).
Mércores 24
Cholitas, documental que amosa o duro ascenso de cinco mulleres indíxenas ao Aconcagua, co director Jaime Murciego.
Xoves 25
Cartas Mojadas, documental que retrata a epopea máis tráxica da nosa historia contemporánea, coa directora Paula Palacios (online).
Venres 26
#Boza, un selfie en primeira persoa do plural sobre as migracións, coa directora Anna Surinyach.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168