MOS
Mos presenta un Orzamento de 13 millóns de euros para 2022
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentoulles aos grupos da oposición as grandes liñas do orzamento municipal para 2022 que ascende a 13 millóns de € (2 millóns de € superior ao deste ano).
O documento caracterízase, en palabras da alcaldesa, por ser “o máis ambicioso da historia do municipio”, destacando que “unha vez máis está aprobado en tempo e forma antes do remate do exercizo en vigor.”
Este será o primerio exercicio de Arévalo que inclúe un Plan de Inversións, ademáis de ter unha suba xeral en tódalas partidas e ser o máis alto da historia en gasto social
PLAN DE INVERSIÓNS
Ata o de agora non era viable realizar inversións dada a necesidade da amortización de débeda de entre un millón e un millón e medio de euros ao ano, pero agora, coa baixada da débeda municipal, é posible poñer en marcha este plan.
Dotado de máis de 2 millóns de euros en 2022 para, entre outras, suma as seguintes inversións: potenciación da zona da Pesqueira no Paseo do Louro con preto de 500.000 euros, saneamentos varios, novas dotacións nos parques infantís, construcción de cunetas, nova entrada para o Pazo de Mos, asfaltados (proxecto bianual).
Ademáis contará cunha partida para expropiacións para poder poñer en marcha outros proxectos: Estrada Pereiras-Tameiga, Segundo Pampillón, a obra de mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria no Camiño de San Cosme e senda de Dornelas.
Outras inversións previstas serán as obras de ampliación da calzada no Camiño da Laxe, e no Camiño de Gándara (proxecto bianual), a senda de Dornelas (proxecto bianual), a recuperación de fontes e lavadoiros, a adquisición de terreos do Castro de Torroso e a sinalización de patrimonio cultural. En canto a mellora de instalacións deportivas (cofinanciada coa Xunta de Galicia) prevese o cambio de tapete de céspede no Campo de Fútbol das Baloutas, a renovación de cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, o remate da mellora do Pavillón Óscar Pereiro pendente e mellora da pista deportiva de San Eleuterio.
-
GASTO SOCIAL
O de 2022 é orzamento “máis elevado da historia de Mos en gasto social” sinala a alcaldesa, superando os 2 millóns de euros (1,6 millóns de euros en 2021).
Investirase en dependencia do Servizo de Axuda no Fogar 1,4 millóns de euros (300.000 € máis que este ano). Neste sentido Mos é pioneiro en Pontevedra: non hai Concello de 15.000 habitantes que teña lista de espera cero no SAF de Dependencia en grao 2 e grao 3.
Dispoñen de 95.000 euros para o Servizo de Atención Temperá e triplícase a cantidade investidas en axudas na escola (comedor, material e actividades con escolares).
Haberá unha nova subvención para a Asociación de Mulleres Rurais e partida para a ctividades con maiores.
Apoio á hostalaría e ao Servizo de Emerxencias
A novidade máis chamativa é a creación dun novo epígrafe de apoio á hostalería dotado dunha cantidade fixa anual de 10.000 euros.
Tamén se destinarán 80.000 € para o Servico de Emerxencias, a pesar de non ser competencia do concello, dotando de orzamento para a base municipal con persoal e vehículos, que permanecerá activa todos os días do ano as 24 horas.
Renovarase o parque móbil municipal: farase un leasing dun camión para vías e obras e un renting dun novo coche híbrido para a policía local.
A cantidade en limpeza triplícase e haberá preto de 250.000 € en políticas de formación e emprego, a pesar de non ser competencia municipal. Créase a aula mentor na axencia de colocación (50.000 euros de inversión).
A partida de cultura increméntase en 100.000 euros respecto do ano pasado coa volta xa a unha relativa normalidade tras superar a fase aguda da pandemia da covid-19.
Sube tamén a partida destinada ao conservatorio de música en Torroso e créase un convenio co Pazo de Mos dotado de 10.000 € anuais para mantemento de instalacións.
Ingresos
Neste capítulo dende o goberno municipal falanm de “Orzamento realista” onde os ingresos baixan todos ou mantéñense axustándose ao padrón.
As subidas de impostos virán da revisión de IBI urbana que fixo o Catastro, na participación de tributos do estado que así anunciou o goberno central, e no Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.
Os demais impostos aseguran que axústanse á previsión exacta do que se reflecte no padrón do exercizo anterior.
Por último explican que as taxas e impostos municipais “non suben desde o ano 2012” e que se aplicarán bonificacións do 75% no imposto de rodaxe dos vehículos eléctricos e do 95% do imposto de construcións a favor das instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar e renovables para autoconsumo en vivendas unifamiliares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49