GALICIA
A AGASP clausura cun simulacro o cursos de incidentes con múltiples vítimas
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe ao exercicio que puxo fin á formación na que participaron 25 efectivos dos servizos de extinción de incendios e salvamento, dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e dos servizos municipais de Protección Civil e Emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe ao simulacro co que se clausurou unha nova edición do curso de incidentes con múltiples vítimas, no marco do plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) destinado á formación das forzas e corpos seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan en Galicia.
Neste caso, o curso de incidentes con múltiples vítimas contou con 56 horas lectivas desde o pasado 8 de novembro e 25 prazas para efectivos dos servizos de extinción de incendios e salvamento, dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e dos servizos municipais de Protección Civil e emerxencias.
No simulacro de hoxe participaron os alumnos do curso xunto con persoal da AGASP e da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), así como membros do GES da Estrada e do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).
O exercicio comezou ás 12,00 horas e simulou un accidente de tráfico causado pola saída de vía dun autobús e a súa posterior colisión cun vehículo, ao que provocou un incendio no motor. Ademais, o simulacro artellouse de xeito que 9 vítimas do autobús e 3 do vehículo estaban atrapadas debido ao forte impacto.
Ante unha situación destas características e seguindo os protocolos de actuación en caso de emerxencia por accidente de tráfico, aplicouse o denominado triaxe SHORT para clasificar ás vítimas segundo a súa gravidade, a prestación de soporte vital básico, a inmobilización e mobilización das vítimas, a súa evacuación á area de socorro, ademais de técnicas de apoio loxístico.
Santiago Villanueva destacou a importancia da formación práctica nestas actividades formativas con simulacros deste tipo que permiten o adestramento da resposta ante unha emerxencia e, ao mesmo tempo, comprobar a necesidade da coordinación entre os participantes para garantir a eficacia da atención á incidencia.
Nesta liña, amosou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias apoiando o seu funcionamento e a dotación de material, xunto coa formación dos seus efectivos na AGASP para contar con profesionais de emerxencias ben preparados co obxectivo de garantir a mellora atención e facer fronte con eficacia aos riscos que poidan ameazar a seguridade da cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217