Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 20:16:57 horas

Xornal21.es
Viernes, 19 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A infancia de Nigrán reclama no Parlamento máis zonas verdes

Cayetana e Paula acudiron a esta sesión plenaria acompañadas polo alcalde e a edil de Educación e como representantes do Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán, exercendo á primeira de voceira

A infancia de Nigrán reclamou esta semana nunha sesión especial no Parlamento de Galicia a necesidade de crear máis zonas verdes nas áreas urbanas e de protexer á natureza, cuestión que o Concello asume tamén como compromiso propio. Paula e Cayetana, acompañadas polo alcalde e pola edil de Educación, e exercendo esta última nena de voceira, foron as representantes do Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán designadas por sorteo para acudir ao pleno xunto a nenos e nenas doutros nove municipios de toda Galicia. No seu discurso, Cayetana recordou a traxedia e experiencia persoal dos incendios vividos no 2017 na localidade e, consecuentemente, destacou a importancia de preservar os bosques. As súas verbas recollían as conclusións ás que xuntos chegaran no II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente celebrado a inicios de mes e que tiña como eixo central o Medio Ambiente e o cambio climático (a Nigrán correspondeulle o apartado de bosques e natureza e aos demais municipios outras temáticas relativas). 

 

"En Nigrán preocúpanos moito este tema e xa levamos tempo realizando actuacións co fin de mellorar a situación como a recuperación e plantación de especies autóctonas , a posta en marcha do I Parque Forestal do Val Miñor, a creación dos bosques escola ou xornadas de limpeza e conservación da contorna na que participamos moitas veces os mozos e mozas de Nigrán. Por todo isto, hoxe, gustaríanos deixar aquí un rogo e un compromiso: o rogo facémoslla ao Parlamentarios e Parlamentarias do Goberno Galego. Pedímoslles que planifiquen e leven a cabo iniciativas para manter os espazos naturais da nosa comunidade en boas condicións creando ademais novos espazos verdes nas zonas urbanas das vilas e cidades, implicando aos gobernos locais e aos nenos e as nenas de cada localidade para axudarnos a tomar conciencia", indicou Cayetana antes de enumerar todos os compromisos medioambientais que, ao mesmo tempo, asumen os nenos e nenas.

 

 

 

 

O Concello celebra esta semana o Día Mundial da Infancia (20-N) iluminando de azul a Casa Consistorial, programando un 'apagón' o xoves de 20:00 a 20:30 e celebrano un pleno infantil o venres

 

 

 

 

Este acto forma parte da programación do Día Mundial da Infancia que cada ano se celebra o 20 de novembro e ao que se sumará o Concello de Nigrán cunha sesión plenaria infantil o venres 19 de novembro e iluminando de azul a Casa Consistorial, tal e como promove Unicef. A maiores, e a iniciativa do Consello de Participación Infantil de Nigrán, o Concello promove un apagón da luz nos fogares o 18 de novembro de 20:00 a 20:30 horas e que todos os participantes o anuncien antes en redes sociais cun hashtag como #yotambiénsoyelfuturo.

 

Consello de Participación

O Consello de Participación Infantil e Xuvenil é un novo órgano municipal nacido neste ano 2021 precisamente para situar na axenda local os verdadeiros intereses e necesidades de cativos e adolescentes, xa que a través del poden participar na vida política de Nigrán realizando propostas, seguindo as mesmas, pedindo información, etc. Ademais, forma parte dos requerimentos de Unicef de cara a outorgar o selo 'CAI' de Cidade Amiga da Infancia.

 

"Queremos que a infancia e a adolescencia formen parte das prioridades da nosa política local e, sobre todo, que sexan eles mesmos os que determinen as accións", destaca Marina Vidal, edil de Educación e quen tamén acudíu xunto ao alcalde ao Parlamento de Galicia, mentras que o rexedor comprometeuse a incluír na axenda local as demandas dos nenos e nenas aos parlamentarios galegos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.