Jueves, 30 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 22 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
BAIONA

O BNG oponse o parque eólico na serra da Groba

A fronte nacionalista presenta alegacións para esixir que se denegue a autorización para o proxecto Albariño I neste espazo natural

O Bloque Nacionalista Galego vén de mostrar  a súa oposición o proxecto eólico Albariño I polo seu impacto ambiental e patrimonial “crítico” na serra da Groba. Desde a fronte nacionalista presentaron alegacións para esixir que se denegue a autorización administrativa para a instalación neste espazo natural dun parque que afectaría aos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia.

 

“É un exemplo máis dese modelo especulativo e depredador do PP, que defende únicamente o lobby eléctrico, que beneficia ás multinacionais pero que prexudica o medio rural e o medio ambiente de Galiza”, advertiu a deputada nacionalista no Parlamento galego, Carmela González. En contraposición, defendeu o modelo do BNG que “é poñer o vento o servizo do país, dos galegas e galegos”.

 

Unha representación institucional e orgánica do BNG dos concellos do Val Miñor concentrouse no Alto da Groba para demandar a paralización do proxecto. Entre eles, o concelleiro do BNG en Baiona, Iago Pereira, que puxo en valor o “enorme potencial patrimonial, arqueolóxico, paisaxístico e natural” que se vería ameazado por este “agresivo” proxecto eólico. “Vai supoñer unha modificación que afecte as aves de paso, a flora e a fauna, as vías fluviais, así como a funcionalidade do monte, moi importante nestas zonas entre outras pola actividade gandeira”, explicou Pereira.

 

 

 

 

A deputada no Parlamento de Galiza, Carmela González, alerta deste novo exemplo do “modelo especulativo e depredador do PP que só beneficia ás multinacionais eléctricas”

 

 

 

 

Por estes motivos, desde o BNG presentaron un escrito de alegacións diante da Consellaría de Economía, Empresa e Innovación esixindo a denegación da autorización administrativa e rexeitando o intento de declarar como de utilidade pública a posta en marcha do parque eólico Albariño I. A fronte nacionalista criticou nese sentido a cualificación por parte da Xunta dos impactos como moderados, malia as numerosas afectacións que vai ter sobre o entorno.

 

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza subliñou catro puntos fundamentais que deben cumprir estes proxectos eólicos a xuízo das nacionalistas: un modelo sustentábel que protexa os recursos de Galiza, con participación pública nos beneficios dos recursos enerxéticos e onde os parques estean vencellados a proxectos industriais que permitan crear emprego e riqueza. Todo isto acompañado dunha aposta por estabelecer unha tarifa eléctrica galega que permita rebaixar a factura da luz en Galiza como productora excedentaria de enerxía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.