Mundo Empresa
Dende hoxe ata o 31 de decembro as mulleres traballan gratis
UGT arranca hoxe coa campaña #EuTraballoGratis, do 18 ó 31 de decembro, porque as mulleres españolas, de media, cobran un 11,9% menos que os homes, en salario/hora, segundo os datos de Eurostat. Isto supón 43 días ó ano traballando gratis, do 18 ó 31 de decembro. No caso de Galicia a brecha, por salario/hora, é dun 10,12%, o que suporía traballar gratis 37 días, dende o 24 de novembro. Aínda que hai que precisar que os datos de Galicia obtéñense da Enquisa de Estrutura Salarial que facilita o INE porque Eurostat non facilita datos por comunidades autónomas, polo que á hora de facer as comparacións hai que ter en conta estas diferenzas metodolóxicas.
Subindo o nivel de análise, os datos de Eurostat indican que na UE as mulleres cobran por hora un 14,1% menos que os homes de media. Isto equivale a 51 días de salario. Por este motivo, a Comisión Europea marcou o 10 de novembro como día simbólico para concienciar sobre o feito de que as traballadoras en Europa seguen gañando de media menos que os homes.
En España sumámonos a esta concienciación da poboación en relación á brecha salarial que soportan as mulleres asalariadas españolas coa campaña #EuTraballoGratis do 18 ó 31 de decembro de 2021 .

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11