CULTURA
‘O charco de Ulises’ chega o sábado a Pontevedra
Cultura ás 21,00 horas e as entradas están xa á venda en www.ataquilla.com
A produción do Centro Dramático Galego O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, está o sábado 20 no Pazo da Cultura de Pontevedra, cunha única representación ás 21,00 horas. O espectáculo da unidade de produción da Xunta chega á cidade na metade da xira que o está a levar por 20 escenarios de Galicia e do norte de Portugal ata o 12 de decembro. As entradas para a función poden adquirirse xa a través de www.ataquilla.com.
Tras o seu paso por Pontevedra, o percorrido continúa a vindeira semana por distintas localidades, entre as que figura Vilagarcía de Arousa, onde estará o día 26 ás 20,00 horas. As entradas están tamén xa á venda en www.ataquilla.com e poderán collerse no despacho de billetes o mesmo día da sesión desde dúas horas antes. As demais paradas previstas ata finais de novembro concéntranse na provincia da Coruña, con Cariño, Rianxo e A Coruña. Xa en decembro, a peza estará en Lugo, Arteixo, Narón e Vilalba.
O charco de Ulises sitúa o clásico de Homero nun contexto transatlántico. A trama do texto, escrito por Santiago Cortegoso en 2010 dentro do programa Iberescena e nos talleres de dramaturxia do CDG, discorre en paralelo á Odisea, xerando un diálogo co mito orixinal para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Así, a proposta muda Ítaca por Galicia, Troia por Bos Aires e o Mediterráneo polo Atlántico.
Fran Paredes e Inés Salvado encarnan os papeis de Ulises e Penélope, encabezando un elenco que completan Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Chusa Pérez de Vallejo e Paulo Serantes, ademais do músico Xosé Lois Romero.
O espectáculo da unidade de produción teatral da Xunta está dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso e está a percorrer ata o 12 de decembro 20 escenarios de Galicia e do norte de Portugal
No equipo artístico figuran Pablo Giráldez ‘O Pastor’ no deseño da escenografía, Saturna no de vestiario, Salvador del Río na iluminación, Xosé Lois Romero no espazo sonoro, Ezequiel Merlo na Coreografía Tango, María Costas no traballo de voz, Baia Fernández na caracterización, Carmela Bueno na asistencia de dirección e Xandre Vázquez na de produción e Keka Losada na de produción en xira.
Novo modelo de distribución
O charco de Ulises estreárase o 14 de xaneiro no Salón Teatro de Santiago, onde tiña previsto permanecer durante catro semanas de representacións, que tiveron que ser suspendidas no seu tramo final por mor da pandemia. A súa posta en escena inauguraba, ademais, unha nova etapa na compañía pública, que pospoñía a distribución dos espectáculos de produción propia para reforzar o papel do CDG como motor escénico galego a partir da crise sanitaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184