Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Sábado, 20 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Protección Civil de Tui contará cun vehículo todo terreo tipo pick-up

Tui é un dos concellos beneficiaros da liña 1 das subvecións para equipamentos de emerxencia convocadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Protección Civil de Tui vai contar un novo vehículo todo terreo tipo pick-up. O Concello de Tui presentara á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a solicitude ao abeiro convocatoria da liña de subvencións para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, paran os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Este  pasado luns, 15 de novembro, publicou no DOG a resolución da convocatoria na que o Concello de Tui resultou beneficiario da adxudicación dun vehículo todo terreo tipo pick-up destinado á Agrupación de voluntarios de Protección Civil de este Concello.


Tui xunto a Salceda de Caselas, Catoira, Meis e Vila de Cruces e Soutomaior son os concellos da provincia de Pontevedra que se benefician coa adxudicación da liña 1 de subvención. Este equipamento está sendo adquirido co programa operativo Feder-Galicia 2014 2020, eixe 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos» e prioridade do investimento, 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes».

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.