DEPORTES
Lete destaca a "paixón pola tradición e polo deporte" do Club Peña Trevinca
Na presentación da publicación facsimilar da revista ‘Peña Trevinca – Montañeros de Galicia 1944-1950’ que conta coa colaboración da Xunta de Galicia
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou pasado venres na Casa do Deporte da presentación presentación da publicación da revista ‘Peña Trevinca - Montañeros de Galicia 1944-1950' editada por Ricardo Gurriarán e Alvarellos Editora e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Esta edición facsimilar recupera os nove números publicados polo Club Peña Trevinca e dos que só se conservaba unha colección, en mans de Ricardo Gurriarán, fillo de Gonzalo Gurriarán, fundador do club de montañismo e da revista homónima en 1944.
Nas súas verbas, o mandatario galego destacou a importancia do traballo de "recollida de información e divulgación" do pai, Gonzalo Gurriarán, así como do traballo de "rescate e reedición" do fillo, Ricardo Gurriarán e que permite que hoxe poidamos "achegarnos ao contexto sociocultural da época, revivir a sociedade de posguerra, descubrir a estreita relación dun dos nosos maiores literatos como Otero Pedrayo no proxecto ou coñecer como eran os primeiros pasos do montañismo en Galicia", actividade promovida de xeito intenso por Gonzalo Gurriarán e o Club Peña Trevinca, como demostra o primeiro Campionato Galego de Esquí no ano 1945".
Compromete o traballo da Xunta para que "esta chama siga acesa" e lembra a construción do rocódromo de Lugo cun investimento de máis de 387.000 euros
Hoxe, o Club Peña Trevinca, conta con máis de 75 anos nas súas dúas sedes de Vigo e do Barco de Valdeorras e atópase enmarcado dentro dunha Federación Galega de Montañismo que naceu en 1963. Lete Lasa destacou o papel da federación e dos clubs para transmitir "a paixón e a afección polo deporte" que contribúe a que a de montañismo sexa a oitava federación en Galicia con maior número de licenzas -máis de 6.500- e das que o 40% corresponden a mulleres.
Lete Lasa comprometeu o traballo da Xunta para que "esta chama siga acesa" e lembrou a construción do rocódromo de Lugo cun investimento de máis de 387.000 euros dos que o Goberno galego achegou o 45%, así como a presentación do Equipo Galego de Novos Alpinistas (ENAG) no pasado mes de xuño nesta instalación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217