ESPECIAL EDUCACIÓN
O primeiro ciclo de educación infantil será de balde en Galicia
As familias galegas aforrarán a matrícula e os gastos de atención educativa nas escolas infantís de Galicia, sexan da titularidade que sexan: públicas autonómicas, municipais, de iniciativa social ou privadas, entre outras
A atención á infancia e a conciliación son eixos prioritarios de actuación da Xunta de Galicia, por iso a comunidade autónoma galega leva anos sendo pioneira nesta materia poñendo en marcha medidas que están a ser moi ben recibidas. Unha destas iniciativas foi a gratuidade para segundos fillos e seguintes que se puxo en marcha en abril de 2020 e que beneficia xa en cada curso a unhas 10.000 familias.
Malia os reiterados intentos por parte do Goberno galego para que o Executivo central se implicase no cofinanciamento da gratuidade das escolas infantís tamén para os primeiros fillos, e non só para os segundos e sucesivos, non obtivo resposta.
A Xunta de Galicia decidiu asumir en solitario a gratuidade de todas as escolas infantís de Galicia para o curso 2021/2022
Tendo en conta as dificultades que están a atravesar moitas familias por mor da crise económica derivada da sanitaria, e o reto demográfico ao que se enfronta todo o país, a Xunta de Galicia decidiu dar un novo paso adiante e asumir en solitario a gratuidade de todas as escolas infantís de Galicia para o vindeiro curso 2021/2022. Esta medida pioneira permitirá a todas as familias galegas, teñan o número de fillos e a renda que teñan, aforrar a matrícula e os gastos de atención educativa en as escolas infantís de Galicia, sexan da titularidade que sexan: públicas autonómicas, municipais, de iniciativa social ou privadas, entre outras.
Esta medida, anunciada o pasado dia 13 polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, suporá un investimento de 30 millóns de euros anuais e beneficiará a máis de 20.000 familias galegas.
Deste xeito, unha vez máis Galicia sitúase á vangarda de España tomando unha decisión que non existe en ningún outro sitio.
A medida é pioneira en España e busca a forma de afrontar por todas as vías o importante reto demográfico
Trátase dunha medida da que se poden beneficiar todas as familias galegas e que, ademais, non é necesario solicitar. A escola infantil na que se inscriba o neno de 0 a 3 anos aplicará directamente a todos os beneficiarios o desconto do 100% no custo da matrícula. Será a Xunta de Galicia quen aboe o custo do servizo educativo ao centro beneficiario, en caso de non ser de titularidade pública autonómica.
A gratuidade aplícase aos custos do servizo de educación infantil, pero non aos servizos complementarios, como os de comedor ou transporte, ou calquera outros que ofreza o centro. Para os efectos desta orde entenderase por atención educativa a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario.
Poderán adherirse á gratuidade todas as escolas de Galicia, independentemente da súa titularidade, co único requisito de que o Concello debe estar ao día nos pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217