Viernes, 20 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 20 de Marzo de 2026 a las 22:39:11 horas

Xornal21.es
Martes, 23 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Preséntase a continuación Plan Mos Humanizado

Os puntos de comezo e fin da Senda Peonil que  transcorrerá dende o IES de Mos na parroquia de Petelos ata as instalacións de ASODIFISI (Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos) en Torroso.Os puntos de comezo e fin da Senda Peonil que transcorrerá dende o IES de Mos na parroquia de Petelos ata as instalacións de ASODIFISI (Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos) en Torroso.

A alcaldesa Nidia Arévalo anuncia que os proxectos serán financiados con cargo ao plan de inversións municipal e presentados na Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe que o Concello seguirá dando pasos no seu Plan Mos Humanizado, que se iniciou na pasada lexislatura. A rexedora local mosense informou de que os proxectos previstos a curto prazo terán financiación tanto municipal como supramunicipal, optando a subvencións de outras administracións. De xeito que o custe asumirase entre axudas da Xunta de Galicia, Plan Concellos, e algúns proxectos contarán tamén con financiación bianual incluída no orzamento municipal.

 

“Xa temos proxectos rematados incluídos no plan de inversión municipal do ozamento para 2022 e que tamén serán entregados noutras administracións para optar a subvencións para a súa acometida. Entre estes proxectos atópanse a senda de Pereiras (desde a Igrexa ata a estrada autonómica PO-331), a continuación da humanización De Guizán no tramo Sobráns-Louriñó, a mellora da contorna da Capela de San Eleuterio, a mellora integral do interior da Urbanización de San Rafael, e o carril bici Alto de Barreiro-Santiaguiño. Ademais queremos acometer nestes dous próximos anos a senda de Dornelas (Porselo-Brea) que se unirá a xa existente de Torroso facéndoa circular”, explica Nidia Arévalo.

 

Algúns destes proxectos terán unha acometida máis rápida, mentres que outros demoraranse un pouco máis, xa que o procedemento será máis complicado ao ser necesario iniciar o pertinente trámite de expropiacións. Entre as expropiacións necesarias para este Mos Humanizado atópanse as expropiacións pertinentes para continuar Segundo Pampillón, a Estrada Pereiras-Tameiga, e por suposto resolver os problemas de tráfico no Camiño de San Cosme, na Cachada en Gándara-Mos e A Laxe-Petelos; nestes tres últimos viais procederase a unha ampliación de calzada.

 

A Senda Peonil en Dornelas transcorrerá dende o IES de Mos ata as instalacións de ASODIFISI (Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos) en Torroso, percorrendo as parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso. Actuarase para elo nunha lonxitude de quilómetro e medio sobre os camiños da Gándara, Porselo e Pedreira.

 

Proxéctase unha nova senda integrada na contorna, e executada a nivel da rasante viaria, ampliando a plataforma. Tendo en conta a experiencia doutras obras precedentes, e as cargas de deseño (con/sen vehículos) escolléronse principalmente dous acabados con aspecto superficial similar, para a nova senda: pavimento de xabre compactado con cemento branco e pavimento de formigón cor gris.

 

A senda inclúe unha zona non urbana, unha zona de accesos a parcelas agrícolas e unha zona urbana con entradas a vivendas. E contempla un sobreancho viario en ambas as marxes mediante a ampliación da plataforma en toda a traza, para mellorar o trazado e posibilitar o cruzamento de grandes vehículos con maior seguridade.

 

As beirarrúas de Sobráns a Louriñó son a continuación do trazado de beirarrúas para mellora da mobilidade peonil na estrada Louriñó-Sobráns. A actuación desenvolverase ao longo de 2 quilómetros, partindo desde o Centro Cultural de Guizán cara ao cruzamento con Estrada Puxeiros-Mos. O proxecto xera un espazo de tránsito seguro nunha estrada na que existe un elevado número de vivendas.

 

O carril bici desde a rotonda de Alto de Barreiro (en estrada Puxeiros-Mos) ata a Capela de Santiaguiño (Estrada Peinador-Os Valos) trátase dun carril de 3,5 km de desenvolvemento pola marxe esquerda. A actuación pretende mellorar as circulacións deste vial, incluíndo proteccións para as zonas de cruzamento de peregrinos, así como a posta en valor dos elementos patrimoniais como o Cruceiro dos Cabaleiros. 

 

En total humanizaranse nesta recta final de lexislatura preto de 11 quilómetros nas 10 parroquias mosenses: Dornelas, Torroso, Pereiras, Mos, Guizán, Cela, Louredo, Tameiga, Petelos e Sanguiñeda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.