Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 26 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP insta á Deputación a que destine fondos para renovar e ampliar o convenio GES

A Xunta presentou un proxecto de ampliación de cobertura do Convenio existente desde 2013, que financian Xunta e Deputación, pero que necesita a aceptación e achega da Deputación Provincial

O grupo municipal do PP presentou unha moción ao pleno local para instar á Deputación de Pontevedra a aceptar a ampliación do convenio que xa existe e achegar o financiamento necesario para renovalo para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais no próximo período 2022-2024 e poder así mellorar as condicións laborais e a cobertura do mapa actual que dá servizo a Ponteareas.

 

Villar explicou que con este plan da Xunta preténdese mellorar a cobertura en materia de emerxencias e o servizo aos cidadáns, independentemente de onde vivan, mellorando tamén as condicións laborais dos traballadores, ampliando o persoal de forma que todos o GES teñan 12 efectivos mínimo e ampliar ampliando por tanto a cobertura que prestan na provincia.

 

 

 

 

Villar “Coa renovación deste convenio 2022-2024, Ponteareas duplicará a axuda que recibe ata os 310.000 euros anuais, actualizaríanse os salarios dos traballadores e incorporaríase novo persoal mellorando o Servizo municipal de Extinción de Incendios e Emerxencias”

 

 

 

 

“No caso de Ponteareas, que ao ter máis de 20.000 habitantes a competencia do servizo de extinción de incendios e emerxencias é municipal, a Xunta propón seguir colaborando e duplicar o financiamento que se está dando, pasando de 155.000 euros anuais a 310.000 euros. Por todo iso cremos conveniente renovar este convenio, que vai depender de se a Deputación de Pontevedra colabora no financiamento do mesmo.

 

Esperamos obter o respaldo de todos os grupos da corporación local para instar á Deputación para aceptar este Convenio mellorado e ampliado, o que beneficiaría considerablemente a Ponteareas ao axudar ao goberno local na cobertura do servizo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.