PONTEAREAS
A Xunta acomete melloras nos colexios Nosa Señora dos Remedios, Santiago de Oliveira e Bouza Brey
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, supervisa as obras de construción dun patio cuberto, de case 200 m2, no CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, está a acometer melloras nos colexios públicos Nosa Señora dos Remedios, Santiago de Oliveira e Bouza Brey, no Concello de Ponteareas, cun investimento de 395.000 euros orientado á modernización das súas infraestruturas e á implantación de medidas de eficiencia enerxética.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e do xefe territorial de Educación, César Pérez, supervisou esta semana as obras de construción, actualmente en marcha, dun patio cuberto no CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios.
Este recinto, que pretende crear un espazo de protección para os alumnos fronte ás inclemencias meteorolóxicas de choiva ou sol, contará cunha superficie de case 200 m2 e consistirá nunha cimentación formigonada con estrutura portante e cuberta de panel sándwich. A actuación ascende a unha contía de 47.000 euros e dá continuidade aos investimentos neste centro nos últimos anos por parte da Xunta, que superan deste xeito os 300.000 euros.
Por outra banda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade tamén está a executar neste momento a renovación das luminarias e dos falsos teitos no CEIP Santiago de Oliveira, emprazado en Fraga do Rei. Esta actuación, orientada á mellora da eficiencia enerxética para outorgar unha maior confortabilidade ao interior, ten un orzamento de máis de 48.000 euros.
Así mesmo, Luis López e as demais autoridades tamén se achegaron ata o CEIP Bouza Brei da capital do Condado, que acaba de rematar a substitución da cuberta do seu edificio principal, que acolle toda a trama do aulario, e do ximnasio para modernizar por completo estas instalacións grazas a un investimento de 300.000 euros. O novo teito das instalacións principais deste colexio urbano de Ponteareas conta cunha superficie global de máis de 2.600 m2 e favorece o illamento ao tempo que mellora a súa estética.
“O noso compromiso coa educación pública conxuga a organización e a calidade do ensino a través dos equipos directivos e docentes coa mellora constante dos centros educativos para que sexan máis idóneos para as clases e máis confortables para os alumnos e por iso, só no municipio de Ponteareas, levamos investido máis de 3 millóns de euros nos últimos anos nos seus colexios e institutos para que todo estea nas melloras condicións para a aprendizaxe e a formación”, manifestou o delegado territorial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115