DEPORTES
Vitorias de Carla Fernández e Miguel Rodríguez na Copa Galicia
Dous ciclistas sub23 adxudicáronse as carreiras raíñas na undécima xornada do certame autonómico
Quince anos despois Ribadumia reencontrouse co ciclocrós. Esta localidade pontevedresa foi o escenario do Campionato de España no 2006 e este domingo recibiu á Copa Galicia. Dous ciclistas sub23 que durante este mes de novembro representaron á selección española no Campionato de Europa, Carla Fernández (Team Farto-BTC) e Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz), encabezaron a nómina de gañadores na undécima xornada do certame autonómico.
A primeira edición do Ciclocross Concello de Ribadumia celebrouse na contorna da Casa da Cultura deste municipio da comarca do Salnés e as características do circuíto deseñado polo Club Ciclista Ribadumia aproveitounas Carla Fernández para vingarse deportivamente de Irene Trabazo na carreira raíña feminina. A elite do XSM superouna o día anterior na Cañiza e nesta ocasión impúxose a líder sub23 da Copa.
Por 15 segundos de diferenza, Fernández bateu a Trabazo cun tempo de 34:06. En terceira posición rematou a líder júnior Laura Mira (Supermercados Froiz), cruzando a liña de meta 33" antes de que o fixera a súa compañeira de equipo e principal rival na categoría xuvenil Uxía Soto. O top-5 completouno a elite Isabel Castro (Condado Bike) e María Jesús Barros (Spol), duodécima en Ribadumia, conserva o primeiro posto na xeral Elite.
Décimo triunfo absoluto
O líder da clasificación elite-sub23 pechou outra fin de semana na que non se baixou do chanzo máis alto do podio. Miguel Rodríguez non se deixou sorprender no circuíto do Salnés polo forte ritmo que marcou na primeira volta Samuel González. Unha vez que adiantou ao elite do Máis Que Bicis, o sub23 do Supermercados Froiz mantívose á fronte da proba ata o final e venceu despois de 1 hora, 1 minuto e 1 segundo de carreira.
O décimo triunfo absoluto do ponteareán na súa primeira temporada como sub23 chegou por unha marxe de 21". O segundo posto, e a vitoria elite, correspondeu a Saúl López (Academia Postal - Abanca) tras decantar ao seu favor unha vibrante pugna con Luis Fernández Oliveira (Avanza- O Porriño). Cuarto terminou Samuel González, quinto o sub23 Anxo Carril (Coruxo) e sexto o líder elite Rubén Deaño (Ourense Termal).
A carreira máis emocionante protagonizárona os juniors. Tres corredores xogáronse a vitoria ao sprint con Iván Fernández (Vigo-Rías Baixas) sendo máis rápido que dous representantes do Avanza-O Porriño, Hugo Martínez e André Martínez, segundo e terceiro respectivamente.
En total, disputáronse catorce categorías coas corredoras e os corredores que dominan as xerais da Copa anotándose a maioría das vitorias. A cadete María Filgueiras (Río Miera), o cadete Tomás Pombo (Cambre-Caeiro), a máster-30 Eva Ortega (Biciosos Rías Baixas), o máster-40 Andrés Calvete (Monte Xalo) e o máster-50 Antonio Sousa reforzaron os seus liderados con triunfos.
No resto de carreiras Roberto Rodríguez (Bicicletas Chinquena) venceu por diante do líder máster-30 Jonathan Sousa (In Situ); Marina González (Illas Cíes) dobregou á primeira clasificada na xeral máster-40 Rocío Blanco (A Forna); e Manuel González Ojea (Bici O Con) subiu ao máis alto do podio máster-60 co líder Antonio González (Salvaterra) no segundo chanzo.
Os trofeos da primeira edición deste evento e as camisolas da Copa entregáronse coa presenza de David Castro, alcalde de Ribadumia; Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes; Juan Carlos Esperón, concelleiro de Deportes; Javier Pombo, presidente do Club Ciclista Ribadumia; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.
A Copa Galicia continuará coa súa antepenúltima xornada o 6 de decembro en Boiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217