MOS
Mos aproba o primeiro orzamento de Arévalo cun plan de inversións propio
“Un plan de inversión ambicioso como é en sí este ozamento, o máis elevado da historia do municipio, que chega aos 13 millóns de euros” declara a alcaldesa mosense
Hoxe aprobouse en Pleno, coa maioría de votos favorables (goberno e concelleira non adscrita, Verónica Costas, votaron a favor; e o resto de grupos, PSOE, GañaMOS, BNG e concelleiro non adscrito, Román González, en contra), o primeiro orzamento da alcaldesa, Nidia Arévalo, que trae consigo un plan de inversións. Inversións que ata o de agora deriváranse a outras administracións, para poder facer fronte a unha débeda importante, que ano tras ano foise rebaixando, ata conseguir unha cantidade que permitiu iniciar unha nova etapa económica no Concello de Mos.
Deste xeito a rexedora local mosense declarou que “Mos terá un plan de inversións ambicioso (dotado de máis de 2 millóns de euros en 2022), ambicioso como é en sí este orzamento. Un orzamento que grazas ao anuncio da subida do Fondo de Cooperación Local, máis dos Tributos do Estado e sumando tamén a non desexada revisión do Catastro, fan que as contas sexan as máis elevadas da historia, 13 millóns de euros”.
Os proxectos rematados que serán incluídos no plan de inversión municipal son a senda de Dornelas que se unirá a xa existente de Torroso facéndoa circular. Acometeranse en dúas anualidades máis de 1 millón de euros en novas rodaduras e cunetas. Cantidade que será fixa a partir de agora. Acometerase tamén a prolongación da Senda do Louro dotándoa tamén de alumeado. Ese lugar de uso e disfrute da veciñanza, A Pesqueira, seguirá crecendo. E para elo investiranse preto de 500.000 euros nunha partida que incluirá ademáis da iluminación e ampliación do sendeiro, a adquisición de terreos e continuar avanzando con máis elementos como unha pista de skate. E acometerase tamén unha nova entrada para o Pazo de Mos. Ante a necesidade de rematar o saneamento, ademáis dos proxectos entregados en Augas de Galicia mediante os que se actuará en Louredo e Sanguiñeda, incluirase unha cantidade como tódolos anos para facer as urxencias necesarias. Neste caso unha vez feitas as de Mos, na Nacional 550, acometeranse obras en Cela.
Neste plan de inversións aparecen as expropiacións pertinentes para continuar Segundo Pampillón, a Estrada Pereiras-Tameiga, e por suposto resolver os problemas de tráfico no Camiño de San Cosme, na Cachada en Gándara-Mos e A Laxe-Petelos.
En Patrimonio, dedícanse 52.000 euros para a adquisición de terreos e o estudo para a rehabilitación do Castro de Torroso, a rehabilitación de fontes e lavadoiros municipais e a instalación de sinalización de patrimonio cultural.
No tocante ao Deporte, seguiranse renovando instalacións, hai unha partida, para cofinanciamento coa Xunta de Galicia, destinada a melloras como cambio do tapete de céspede artificial no Campo de Fútbol das Baloutas, alumeado no Campo de Fútbol de Cototorrón, marcadores, renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, remate da mellora do Pavillón Óscar Pereiro pendente, e mellora da pista deportiva de San Eleuterio.
E séguese a apostar polos parques infantís e, como tódolos anos, faranse renovacións.
CADRO DAS PRINCIPAIS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NO PLAN DE INVERSIÓNS MUNICIPAL:
2022
Adquisición terreos ampliación parque Pesqueira
40.000 €
Acondicionamento terreos e instalación elementos parque Pesqueira
50.000 €
Mellora instalacións parques infantís
30.000 €
Redacción proxecto reforma Biblioteca Municipal
10.500 €
Melloras en instalacións deportivas
50.000 €
Adquisicións, arranxos e actuacións diversas Piscina Municipal
15.000 €
Adquisicións, arranxos e actuacións diversas Campos Fútbol Municipais
10.000 €
Mellora seguridade viaria-ampliación cunetas e beirarrúas
50.000 €
Adquisición terreos proxectos: senda Dornelas, San Cosme-Cela, Segundo Pampillón e Estrada Pereiras-Tameiga
90.000 €
Mellora entrada Pazo
65.000 €
Mellora seguridade viaria Laxe-Petelos
42.000 €
Adquisición terreos Castro Torroso
18.000 €
Rehabilitación fontes e lavadoiros
30.000 €
Sinalización patrimonio cultural
2.000 €
BIANUAL 2022/2023
Saneamento parroquia de Cela
2022
100.000 €
2023
58.000 €
Nova senda fluvial Louro
105.000 €
105.000 €
Senda Dornelas
200.000 €
400.000 €
Ampliación Camiño Cachada-Gándara
100.000 €
250.000 €
Plan mellora camiños municipais
400.000 €
900.000 €

Hoxe aprobouse en Pleno, coa maioría de votos favorables (goberno e concelleira non adscrita, Verónica Costas, votaron a favor; e o resto de grupos, PSOE, GañaMOS, BNG e concelleiro non adscrito, Román González, en contra), o primeiro orzamento da alcaldesa, Nidia Arévalo, que trae consigo un plan de inversións. Inversións que ata o de agora deriváranse a outras administracións, para poder facer fronte a unha débeda importante, que ano tras ano foise rebaixando, ata conseguir unha cantidade que permitiu iniciar unha nova etapa económica no Concello de Mos.
Deste xeito a rexedora local mosense declarou que “Mos terá un plan de inversións ambicioso (dotado de máis de 2 millóns de euros en 2022), ambicioso como é en sí este orzamento. Un orzamento que grazas ao anuncio da subida do Fondo de Cooperación Local, máis dos Tributos do Estado e sumando tamén a non desexada revisión do Catastro, fan que as contas sexan as máis elevadas da historia, 13 millóns de euros”.
Os proxectos rematados que serán incluídos no plan de inversión municipal son a senda de Dornelas que se unirá a xa existente de Torroso facéndoa circular. Acometeranse en dúas anualidades máis de 1 millón de euros en novas rodaduras e cunetas. Cantidade que será fixa a partir de agora. Acometerase tamén a prolongación da Senda do Louro dotándoa tamén de alumeado. Ese lugar de uso e disfrute da veciñanza, A Pesqueira, seguirá crecendo. E para elo investiranse preto de 500.000 euros nunha partida que incluirá ademáis da iluminación e ampliación do sendeiro, a adquisición de terreos e continuar avanzando con máis elementos como unha pista de skate. E acometerase tamén unha nova entrada para o Pazo de Mos. Ante a necesidade de rematar o saneamento, ademáis dos proxectos entregados en Augas de Galicia mediante os que se actuará en Louredo e Sanguiñeda, incluirase unha cantidade como tódolos anos para facer as urxencias necesarias. Neste caso unha vez feitas as de Mos, na Nacional 550, acometeranse obras en Cela.
Neste plan de inversións aparecen as expropiacións pertinentes para continuar Segundo Pampillón, a Estrada Pereiras-Tameiga, e por suposto resolver os problemas de tráfico no Camiño de San Cosme, na Cachada en Gándara-Mos e A Laxe-Petelos.
En Patrimonio, dedícanse 52.000 euros para a adquisición de terreos e o estudo para a rehabilitación do Castro de Torroso, a rehabilitación de fontes e lavadoiros municipais e a instalación de sinalización de patrimonio cultural.
No tocante ao Deporte, seguiranse renovando instalacións, hai unha partida, para cofinanciamento coa Xunta de Galicia, destinada a melloras como cambio do tapete de céspede artificial no Campo de Fútbol das Baloutas, alumeado no Campo de Fútbol de Cototorrón, marcadores, renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, remate da mellora do Pavillón Óscar Pereiro pendente, e mellora da pista deportiva de San Eleuterio.
E séguese a apostar polos parques infantís e, como tódolos anos, faranse renovacións.
CADRO DAS PRINCIPAIS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NO PLAN DE INVERSIÓNS MUNICIPAL:
|
2022 |
||
|
Adquisición terreos ampliación parque Pesqueira |
40.000 € |
|
|
Acondicionamento terreos e instalación elementos parque Pesqueira |
50.000 € |
|
|
Mellora instalacións parques infantís |
30.000 € |
|
|
Redacción proxecto reforma Biblioteca Municipal |
10.500 € |
|
|
Melloras en instalacións deportivas |
50.000 € |
|
|
Adquisicións, arranxos e actuacións diversas Piscina Municipal |
15.000 € |
|
|
Adquisicións, arranxos e actuacións diversas Campos Fútbol Municipais |
10.000 € |
|
|
Mellora seguridade viaria-ampliación cunetas e beirarrúas |
50.000 € |
|
|
Adquisición terreos proxectos: senda Dornelas, San Cosme-Cela, Segundo Pampillón e Estrada Pereiras-Tameiga |
90.000 € |
|
|
Mellora entrada Pazo |
65.000 € |
|
|
Mellora seguridade viaria Laxe-Petelos |
42.000 € |
|
|
Adquisición terreos Castro Torroso |
18.000 € |
|
|
Rehabilitación fontes e lavadoiros |
30.000 € |
|
|
Sinalización patrimonio cultural |
2.000 € |
|
|
BIANUAL 2022/2023 |
||
|
Saneamento parroquia de Cela |
2022 100.000 € |
2023 58.000 € |
|
Nova senda fluvial Louro |
105.000 € |
105.000 € |
|
Senda Dornelas |
200.000 € |
400.000 € |
|
Ampliación Camiño Cachada-Gándara |
100.000 € |
250.000 € |
|
Plan mellora camiños municipais |
400.000 € |
900.000 € |







































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49