VIGO
A Xunta promove en Vigo oito novos concertos do Programa ‘Música en Salas’
Os directos celebraranse en La Fábrica de Chocolate e a Sala Kominsky do 2 ao 16 de decembro
As salas Kominsky e La Fábrica de Chocolate Club de Vigo acollerán oito novos concertos desde hoxe e ata o día 16 de decembro ao abeiro do programa Música en salas. Promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-Clubtura, este ciclo é unha iniciativa para dinamizar a recuperación da actividade dos solistas e grupos de Galicia e dos locais de concertos logo dos meses de dificultades asociadas á pandemia. Só no mes de Nadal, Música en salas levará 64 concertos a locais de música en directo de toda Galicia.
A música electrónica e a experimentación de Bailarico Noise-Nacho Muñoz abrirán a programación viguesa de Música en salas para decembro no escenario da Sala Kominsky o día 2 ás 21,30 h. Será o primeiro dos dous concertos do local situado na rúa dos Irmandiños esta semana, xa que o xoves chegaralle a quenda ao rock de Mascada.
Bailarico Noise-Nacho Muñoz, Mascada, Filo, Cuchillo de Fuego, Leira, Kaixo, The Rapants, Youcanthide ou Batea son algunas das bandas que soarán na cidade olívica
A vindeira semana, visitará Kominsky a improvisación freejazz de Filo (día 9), e mais hardcore irreverente de Cuchillo de Fuego (día 10). Para o xoves 16 este espazo ten programado o seu último concerto dentro de Música en salas: dentro do que se presentará diante do público Leira, co seu jazz vocal. Todos estes concertos da serán ás 21,30 h.
Do rap con retranca ao rock con gaitas
La Fábrica de Chocolate Club inicia a súa carteleira de nadal de Música en salas este xoves día 3, ás 22,00 h., con Youcanthide, a alianza entre o rapeiro Kaixo e a banda King of the Beach e a súa aposta por mesturar o newpunk e a retranca. Ao día seguinte á mesma hora, sucederanlles no escenario as sonoridades garage-surf de The Rapants.
O rock con gaitas da banda viguesa Batea, coa súa aposta polo que denominan “música fresca da ría de Vigo”, clausura os concertos de La Fábrica de Chocolate en Música en salas o vindeiro día 11, tamén ás 22,00 h Cando remate Música en salas, teranse programado ao abeiro deste ciclo 16 actuacións en Vigo, como parte do circuíto de 135 concertos que a Xunta de Galicia promove en 19 salas de música ao vivo das catro provincias. O programa completo de Música en salas pode consultarse nas axendas das webs de Cultura de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170