Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 02 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O Rosal

O alumnado do CPI Suárez Marquier reflexiona sobre violencia de xénero

O Concello do Rosal rematou a súa programación polo 25 N cunha charla da traballadora social, Yolanda Villaverde, no centro educativo

O Rosal rematou onte a súa programación polo 25 N cunha charla da traballadora social e coordinadora do CIM da Guarda, Yolanda Villaverde, co alumnado de 3º da ESO do CPI Suárez Marquier. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que para os rapaces e rapazas “coñecer casos reais a través dunha profesional axúdalles a visibilizar a lacra da violencia de xénero”, e por iso “apostamos por esta charla como peche para o noso 25 N”.


Os rapaces e rapazas tamén viron unha curta e falaron da “escala” da violencia de xénero entre a poboación máis nova. A rexedora destaca que “para o Concello é moi importante que os rapaces e rapazas reflexionen sobre violencia de xénero, xa que son uns actores e actrices imprescindibles para o cambio na nosa sociedade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.