Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 04 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP do Porriño critica o “apagón navideño imposto polo bipartito"

Comezado o mes de decembro non comezou a montaxe das luces de Nadal no municipio, pese a estar licitada e adxudicada hai tempo e contar con partida orzamentaria reservada, co perxuizo que isto supón para o comercio e a hostalería local

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño expresou hoxe as súas críticas polo "apagón navideño" imposto polo bipartito PSOE- BNG.

 

Mentres que nos municipios da contorna as luces de Nadal xa iluminan as rúas, no Porriño non comenzaron nin a instalarse. "O retraso na montaxe da iluminación navideña é inadmisible e unha mostra máis do desprezo insititucional que padecemos os porriñeses e porriñesas por parte dun goberno que cada día demostra ser totalmente incapaz de cumprir coas súas obrigas", denunciou o voceiro dos populares, Alejandro Lorenzo.

 

"Non se pode xustificar de ningún modo que a 1 de decembro nin se instalara o alumeado, cando o contrato está licitado e adxudicado hai tempo, conta con partida orzamentaria asignada e a obriga de estar en funcionamento dende o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro", explicou Lorenzo, "Se o motivo é que os cartos se gastaron noutras cousas, deberían asumir a súa responsabilidade".

 

Os populares concluíron, urxindo ao Goberno Municipal a pensar na cidadanía e nos grandes perxudicados pola súa desidia, o comercio e hostalería local. "O apagón que impoñen non só deixa a escuras as nosas rúas e prazas, tamén apaga a ilusión dos pequenos e pequenas do Porriño, de todos os que queren vivir a súa vila e a posibilidade de remontar dos nosos comerciantes e hostaleiros neste momento tan díficil que atravesan", lamentou Lorenzo invitando ao Goberno Municipal a recapacitar "e cumprir a súa obriga, máis alá de intereses partidistas e pugnas internas, teñen o deber de promover o comercio local e dinamizar á hostalería. Non facelo non é un unha opción, os porriñeses e porriñesas pagámoslle para que o fagan".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.