GALICIA
Ata 50 robots traballarán para a Xunta en tarefas administrativas
Feijóo salienta que o emprego destas solucións non é unha novidade, xa que o Goberno galego é pioneiro na aplicación tanto de tecnoloxías de automatización robótica de procesos como de técnicas de recoñecemento óptico de caracteres
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta da compra de ata 50 robots que realizarán as tarefas máis rutineiras da tramitación administrativa para liberar aos empregados públicos deses cometidos. “Investiranse preto de 8 M€ nunha plataforma de automatización dotada con solucións de intelixencia artificial e robótica para axilizar todos estes procesos”, abundou.
Nesa liña, o presidente da Xunta explicou que este contrato, que terá unha vixencia de 2 anos, permitirá dar resposta de xeito áxil á tramitación de grandes volumes de expedientes, reducir tempos de tramitación, incrementar a capacidade de tramitación das unidades administrativas, evitar que as persoas realicen funcións que poden ser automatizadas e, en xeral, dar un mellor servizo aos galegos.
Ademais, Feijóo lembrou que o emprego destas solucións non é unha novidade, xa que a Xunta é pioneira na aplicación tanto de tecnoloxías de automatización robótica de procesos como de técnicas de recoñecemento óptico de caracteres.
A este respecto sinalou que xa está a empregar en procedementos tributarios como as autoliquidacións da compravenda de vehículos usados, nas transmisións patrimoniais, na sincronización de datos coa Seguridade Social ou na tramitación das axudas do II Plan de rescate

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191