PROVINCIA
As novas oportunidades para o turismo da man da sostibilidade e da transformación dixital
Carmela Silva: “Hai dúas palabras que definen xa ao turismo: sostibilidade e innovación. Debemos ter unha actitude transformadora e escoitar á xente para sumar intelixencia e non tomar decisións coxunturais que son páxina dun día”
“Hai dúas palabras que definen xa ao turismo: sostibilidade e innovación” asegurou a presidenta Carmela Silva na inauguración da IV xornada Turistic que promove a Deputación co seu programa SmartPeme. As novas oportunidades, da man da sostibilidade e a transformación dixital, convertéronse en protagonistas do encontro no que a xornalista Yolanda Vázquez actuou como condutora, que reuniu a un centenar de persoas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra e que foi seguida en streaming desde diferentes puntos do estado. Carmela Silva, que abriu a xornada xunto ao presidente do Clúster de Turismo Cesáreo Pardal e o vicepresidente do Clúster TIC Santiago Paz, subliñou a necesidade de ter “compartir coñecemento, crear redes, ter unha actitude transformadora e escoitar á xente para sumar intelixencia e non tomar decisións coxunturais que son páxina dun día”.
“O turismo ten que ocuparnos e preocuparnos - afirmou a presidenta - e temos que estar moi pendentes de cales son as cuestións que van facer que sigamos a ser un país cun forte poderío neste sector tan relevante para a nosa economía”. “Vivimos un cambio rotundo de paradigma e os fondos europeos están moi centrados na aposta por impulsar ese cambio, onde a sostibilidade e a transformación dixital van xogar un papel moi relevante, no turismo dun xeito moi particular”. A este respecto apelou “a escoitar” e tomar decisións para garantir a sostibilidade, que se ten convertido xa nunha cuestión que xera beneficios económicos e demandan as persoas turistas, e a innovación, apostando pola tecnificación e a dixitalización.
“É unha obriga das administracións –afirmou- ter claro por onde vai o mundo, deixar que entre o talento e o coñecemento para convertelo en políticas que transformen os espazos, porque estamos a xestionar os recursos da xente para darlle unha mellor vida”. Tamén amosou o seu orgullo subliñando que “coñezo poucos lugares onde cada vez que se fai unha proposta de avance se responda con tanta paixón como nesta provincia, con tanta xente que se está a sumar ao cambio, cun sector turístico preparado para asumir estas cuestións e converter á provincia nun exemplo para o resto de Galicia, do Estado e do mundo”.
Pola súa banda o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, subliñou que “a pandemia levounos a vivir un proceso moi acelerado no que o sector tense dado conta da importancia do dixital”, algo no que tamén incidiu o vicepresidente do Clúster TIC, Santiago Paz. Amais, para impulsar os cambios de cara ao futuro do turismo Pardal destacou a importancia da colaboración entre o sector público e privado, poñendo como exemplo as xornadas Turistic “fundamentais para decidir cara onde queremos avanzar”, pero tamén reivindicando a necesidade de “valorarse” e “seguir prestando un servizo de excelencia”. Pola súa banda Santiago Paz subliñou a importancia de non poñer o aceno soamente na tecnoloxía, senón tamén na cultura empresarial e no proceso de toma de decisións, “fundamentais para impulsar a transformación dixital”.
A transformación dixital e sostibilidade foron protagonistas da conferencia central da man de Esther Rodríguez, directora de Mystreetbook, que afondou na “Hiperpersonalización para un territorio intelixente e sostible”. Na conferencia fixo fincapé na importancia de atopar “aquilo que demandan as persoas e diversificar a oferta para que as persoas viaxeiras non acudan sempre aos mesmos lugares”. Tamén destacou a importancia de incorporar a intelixencia artificial para atopar e conectar contido de interese e personalizalo, “adaptándoo a cada persoa”. Segundo subliñou “é fundamental que de todo o que existe na rede, o poidan atopar o que verdadeiramente lles interesa e, para elo, traballamos conectando todos os datos en tempo real, para adaptar esa oferta ás súas necesidades poñendo, deste xeito, ás usuarias/usuarios no centro e facendo fincapé no produto local e nas experiencias diferenciais, minimizando a pegada das persoas viaxeiras como ética de sostibilidade”.
Na primeira das mesas de debate, moderada afondouse no “Turismo responsable na nova normalidade”, da man de Maite Vence, directora de Observer Science Tourism; Beatriz Pérez, directora executiva de Máis que Rómanico; Javier Olleros, chef e propietario de Culler de Pau; e Marta Iglesias , fundadora de Piragüilla. Analizaron a importancia do turismo sostible que está a reducir os impactos negativos que o sector xera no medio ambiente, as medidas e solucións a implantar para camiñar cara a sostibilidade e sobre as vantaxes dun modelo local respectuoso coa contorna. Pola súa banda, a segunda mesa centrouse no “Protagonista do dato no novo ecosistema turístico” e contou con Guillerm Escrivà, do proxecto TRB en Nethodology; Lorena Rosende, CEO de Itera Técnica; e María José Villanueva, da Fundación CTIC. Neste caso as e os conferenciantes analizaron como a tecnoloxía revolucionou o turismo, destacando a análise de datos e a tecnoloxía Big Data para ofertar servizos personalizados e tomar decisións máis adecuadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.13