Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 17:41:02 horas

Xornal21.es
Martes, 07 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O alumnado de secundaria de Tomiño fórmase en relacións afectivo-sexuais sas

Tamén están programados talleres de “Violencia de xénero no novo contexto dixital” que o Concello solicitou e obtivo da Secretaría Xeral da Igualdade

Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no IES Antón Alonso Ríos desenvolveuse o programa "Así Si - Obradoiros sobre relacións afectivo-sexuais sas"; programa de sensibilización, información e difusión ofertado polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil OMIX e impartido por Carmen Vilas, psicóloga e axente de igualdade do equipo de IGUALADAS Consultaría e Formación.

 

Esta actividade levouse a cabo con todo o alumnado de 2° ESO e 3° ESO ao longo de dúas semanas, para traballar obxectivos coma replantexar e rachar cos estereotipos e roles de xénero machistas; rexeitar a cousificación e hipersexualización dos corpos das mulleres; desmitificar crenzas erróneas sobre a sexualidade; promocionar as relacións igualitarias baseadas no bo trato e o consentimento, e concienciar sobre as prácticas sexuais de risco e as infeccións de transmisión sexual.

 

A acción puxo o foco na participación do propio alumnado, “partindo sempre dos seus intereses e necesidades e evitando o formato charla porque as mozas e mozos precisan que os escoiten e consultar, nun ambiente de confianza, as súas dúbidas con profesionais especializadas en temas fundamentais para a súa idade e momento de desenvolvemento”, explicou a monitora. Nas aulas traballouse cunha metodoloxía totalmente práctica baseada en xogos, dinámicas e actividades grupais para espertar o pensamento crítico e escoitar e aclarar dúbidas, inquedanzas, medos e opinións sobre os temas propostos.

 

Ademais do traballo nas aulas, o programa tentou involucrar á maior parte da comunidade educativa, incluíndo polo menos unha sesión coas familias do alumnado na que se traballaron os mesmos contidos.

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou pola súa banda, a importancia deste tipo de colaboracións institucionais “para previr entre a adolescencia as relacións afectivo-sexuais desiguais e de risco, así como as violencias de xénero, evitando consecuencias negativas no seu desenvolvemento e, ao mesmo tempo, traballando cara unha sociedade máis igualitaria”.

 

OBRADOIROS CONTRA A VIOLENCIA
Por outra banda, están programados os Obradoiros VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL (que serán impartidos no IES ANTÓN ALONSO RÍOS) , que o Concello de Tomiño solicitou e obtivo da Secretaría Xeral da Igualdade no marco do convenio coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias).

 

PRESENTACIÓN PEÚGO
Por último, dentro da campaña contra a violencia de xénero levada a cabo polo Concello, ás familias que participan no programa Medrando en Familia, da Concellería de Benestar, recibiron a visita de Jessica Rodríguez Piñero, mestra de primaria nomeada aos premios Educa ABanca como mellor docente de España. A profesora achegouse até Tomiño para presentar en persoa o seu primeiro álbum ilustrado infantil “Peúgo, o calcetín melenudo”.


A autora foi relatando unha historia na que a través dunha personaxe como un calcetín cun furado se fala da violencia de xénero e a importancia do autoconcepto e da autoestima.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.