VIGO
Un autobús turístico 100% eléctrico fará probas en Vigo
Abel Caballero achegouse á presentación deste vehículo da compañía galega UNVI nas instalacións da Zona Franca de Vigo. É a primeira vez que un vehículo destas características se proba en España
O alcalde achegouse á presentación dun autobús turístico 100% eléctrico e que fará probas na cidade durante una semana. O mesmo modelo está circulando en Londres, París, Bruselas e Ámsterdam, e agora elixiron Vigo para os primeiros rodamentos en España.
Segundo explicou o rexedor, o autobús está fabricado integramente en Galicia, concretamente en Ourense, e amosou a súa satisfacción ao coñecer que é utilizado nas cidades máis importantes de Europa. Ademais, contou como anécdota que cando a Selección de Fútbol de Francia gañou o último campionato, o bus que utilizaron foi o mesmo modelo que o que percorrerá as rúas de Vigo estes días.
O autobús escollido que percorrerá as rúas da cidade é o modelo UNVI URBIS eDDOT – Electric Double Decker Open Top, do fabricante galego UNVI. O vehículo, 100% eléctrico, conta con aproximadamente 12 metros de lonxitude, dobre piso e unha capacidade de 78 prazas para viaxeiros e 1 praza para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas. Este modelo ten un consumo de enerxía 20% menor a outros vehículos eléctricos das mesmas características e está cargado con cargadores fabricados en España pola compañía Circontrol.
Para as probas non haberá pasaxeiros. O autobús percorrerá distintas zonas da cidade e avaliarase se ten capacidade para prestar servizo na cidade, ademais do seu confort.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170