GALICIA
A Xunta garante a execución en prazo do 80% dos fondos para o saneamento das rías
Augas de Galicia ten consignados 87,8 M€ de fondos Feder para obras de saneamento nas rías e non solicitou ningunha reprogramación desas partidas
A Xunta de Galicia garante a execución nos prazos establecidos de preto do 80% dos fondos Feder que ten consignados para a execución de obras de saneamento nas rías galegas.
Augas de Galicia ten consignados 87,8 M€ de fondos Feder do actual programa operativo, 2014-2020 para obras de saneamento e non solicitou ningunha reprogramación deses fondos.
Eses fondos cofinancian obras de saneamento das rías tan importantes como as que está actualmente executando a Xunta en Rianxo, en Pontedeume, en Viveiro e, especialmente, na ría de Pontevedra, con preto de 30 M€ en execución actualmente. Tamén foron cofinanciados con fondos Feder os traballos de saneamento da Malata que Augas de Galicia vén de culminar na ría de Ferrol, ou actuacións na ría do Burgo e no concello de Boiro xa rematadas.
Do mesmo xeito cofinanciaranse as actuacións que veñen de ser licitadas de saneamento de Celeiro (Viveiro), en Ver (Pontedeume), en Cee-Corcubión, e que se licitarán nas vindeiras semanas no concello de Foz, no concello de Cambados, no concello de Marín e no concello de Lalín.
As obras que a Xunta executa con cofinanciamento de fondos Feder de saneamento son actuacións de competencia municipal que requiren dunha tramitación que os concellos non sempre realizan coa axilidade necesaria.
Ademais, este tipo de obras require de autorizacións da Dirección Xeral da Costa e o Mar do Estado, o que nos últimos tempos está a supoñer unha dilatación excesiva das tramitacións, tal e como vén manifestando o Goberno galego.
A Xunta vén de advertirlle á Secretaría de Estado de Medio Ambiente de que a Dirección Xeral da Costa e o Mar pon en risco a execución de varios millóns de euros de fondos europeos pola súa disparidade de criterios á hora de tramitar as autorizacións dos proxectos
De feito, a Xunta vén de advertirlle ao secretario de Estado de Medio Ambiente de que a Dirección Xeral da Costa e o Mar está actualmente a poñer en risco a execución dos fondos europeos nos proxectos de saneamentos que se prevén executar en Vilanova de Arousa e en Cabanas. Nestes casos, preocupa especialmente a disparidade de criterios que están a aplicar nas tramitacións das autorizacións os servizos provinciais e os servizos centrais da Dirección Xeral.
Ademais de traballar para acadar a máxima execución posible dos fondos Feder de saneamento, a Xunta garante a execución do 100 % dos fondos Feader que xestiona Augas de Galicia e do 100% dos fondos Feder previstos para a prevención do risco de inundacións.
O Goberno galego solicítalle ao BNG que abandone a difusión de falsidades sobre o traballo que realiza a Xunta para mellorar a calidade das augas das rías e dos ríos, unha prioridade absoluta para o Executivo autonómico.
Ademais, solicítalle que se sume a este obxectivo e facilite a execución dos fondos europeos de saneamento nos concellos nos que goberna, varios dos cales son, precisamente, exemplo da peor xestión dos sistemas de saneamento e depuración, competencias municipais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191