Sábado, 02 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 02 de Mayo de 2026 a las 09:55:45 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 08 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Novas actividades formativas do Plan Labora 2020

A Xunta de Goberno deu luz verde a un investimento de preto de 400.000 euros para financiar 13 itinerarios de formación que se desenvolverán no 2022 en Caldas, Vigo, O Porriño, Pontevedra, Baiona, Tui, O Rosal, Tomiño e Nigrán

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ás novas actividades formativas do Plan Labora 2020, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas en situación de vulnerabilidade na provincia. Deste xeito, a institución destinará preto de 400.000 euros a financiar un total de 13 accións de formación que se desenvolverán no ano 2022 e beneficiarán a preto de 200 persoas, e que se impartirán nos concellos de Vigo, Pontevedra, Caldas de Reis, O Porriño, Baiona, Tui, O Rosal, Tomiño e Nigrán.

 

A Deputación desenvolve este proxecto desde o pasado 2020, cun investimento total de 4,7 millóns, dos que 3,7 están financiados polo Fondo Social Europeo e o resto, preto de 950.000, pola institución provincial. Este investimento permitirá desenvolver o total de 58 accións formativas e xornadas de activación que ao termo do programa, en decembro do 2022, terán beneficiado a un total de 870 persoas participantes, ofrecéndolles formación específica e transversal, práctica profesional e titorías. Ata agora, as actividades leváronse a cabo en Barro, Lalín, Cambados, O Porriño, Vigo, Pontevedra, Cangas, Vilagarcía e A Guarda.

 

No que atinxe aos novos itinerarios aprobados nesta convocatoria, son os de Actividades auxiliares de almacén, que se desenvolverá no Porriño e Caldas de Reis para un total de 30 participantes; o de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, que terá lugar en Vigo, Pontevedra e Tui, para un total de 45 persoas beneficiarias; o de Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil en Vigo e Pontevedra, cun total de 30 prazas; Socorrismo en instalacións acuáticas, en Pontevedra, con 15 prazas; Socorrismo en espazos acuáticos naturais, en Baiona, para 15 persoas; Servizos auxiliares de salón de peiteado, que terá lugar en Pontevedra para un máximo de 15 participantes; Traballos de carpintería e moble, que beneficiará no Rosal a 15 persoas; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, que terá lugar en Tomiño con 15 prazas e Seguridade Informática, que se desenvolverá en Nigrán e tamén con 15 prazas.

 

O prazo de preinscrición para participar nestas actividades xa está aberto na sede electrónica da Deputación. Hai que lembrar que Labora 2020 está dirixido a persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, e minorías étnicas e comunidades marxinadas).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.