NIGRAN
A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais no río Muíños en Nigrán
O vertido foi localizado polos técnicos do Plan de Control de Vertidos no lugar de Vilameán no transcurso dunha revisión rutineira da rede fluvial neste municipio
A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á desembocadura do río Muíños, no concello de Nigrán.
O foco foi identificado polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependentes de Augas de Galicia, no lugar de Vilameán, na parroquia de Nigrán, no marco das inspeccións rutineiras na rede fluvial do municipio.
Os inspectores desprazados á zona identificaron un foco de auga residual sen depurar ao domino público, que orixinaba a afección visual na masa de auga do río Muíños, procedente dun punto de evacuación de augas pluviais.
O foco tiña orixe nunha filtración de augas residuais na avenida de Praia América, onde se producía unha filtración desde o colector de saneamento municipal cara á rede de augas pluviais
O persoal de Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Nigrán, efectuándose unha inspección da zona conxuntamente co persoal da empresa concesionaria do servizo municipal de augas.
Estas tarefas permitiron localizar a orixe do vertido de augas residuais na avenida de Praia América, onde se producía unha filtración de augas residuais desde o colector de saneamento municipal cara á rede de augas pluviais.
Nunha nova inspección efectuada á zona polo persoal de Augas de Galicia confirmouse a reparación do colector da rede de saneamento por parte da concesionaria do servizo municipal de augas, o que permitiu o cese do vertido de augas residuais ao dominio público hidráulico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141