Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 11 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O DOG publica o cambio de titularidade a prol do concello de Salvaterra de 4 estradas e 4 treitos

Transfírense as estradas PO-420 (Taboexa-Vilacova), PO-430, que vai a Leirado, a PO-432 (Salvaterra-Río Miño) e a PO-433, que vai a Cabreira

A Xunta publica  no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño da totalidade das vías autonómicas PO-420 Taboexa-Vilacova; a PO-430, que vai a Leirado; a PO-432 Salvaterra-Río Miño; e a PO-433, que vai a Cabreira.

 

 

Neste enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este Decreto: http://xurl.es/il0hn

 

Neste acordo inclúese, ademais, a transferencia, na súa totalidade, de varios treitos antigos das estradas da Xunta PO-403, PO-404, PO-409 e PO-420.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Salvaterra de Miño asinaron un convenio de colaboración para reordenar e completar o viario municipal e abrir a rúa Galicia. Co fin de acadar un funcionamento da rede viaria máis acorde ás necesidades do municipio debe materializarse a transferencia das citadas estradas, así como do seu dominio público viario asociado.

 

Neste convenio, a Xunta asume a financiación íntegra desta actuación, que mellorará as conexións na vila e a mobilidade dos veciños, grazas a un investimento autonómico de 500.000 euros.

 

Pola súa banda, o Concello de Salvaterra de Miño comprométese a aceptar a titularidade de varios treitos de estradas autonómicas. A entidade local asumiu tamén a realización dos trámites expropiatorios, a redacción do proxecto e a contratación e execución das obras.

 

A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

 

Co cambio de titularidade, o Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

 

O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.