Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 17:00:25 horas

Unha das iniciativas trata de por  en valor os produtos do mar Unha das iniciativas trata de por en valor os produtos do mar
Xornal21.es
Domingo, 12 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Consellería do Mar aproba o financiamento para os sete proxectos asesorados polo GALP Ría de Vigo - A Guarda

Máis de 400.000 euros para impulsar proxectos ligados ao mar nos concellos de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda

A Consellería do Mar vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do ano 2021, pola que se aproban as subvencións para sete proxectos asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda e pertencentes aos municipios de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda. 

 

O GALP Ría de Vigo-A Guarda promove o desenvolvemento de proxectos e actuacións destinados a conseguir un desenvolvemento equilibrado, sostible e integrador da súa zona marítima de influencia para beneficio do conxunto da poboación, fornecendo a presenza do sector pesqueiro en termos económicos e de emprego, respectando e preservando o medio natural e o patrimonio cultural e cunha participación real e efectiva de axentes e poboación do territorio.

 

A contía das axudas supera os 400.000 euros e supoñen entre o 90% e o 100% do financiamento dos proxectos non produtivos e entre 40% e o 50% dos produtivos.

 

Nos proxectos non produtivos sitúanse iniciativas como a do Concello de Vilaboa que busca rehabilitar, acondicionar e poñer en valor o Forno do Cal e a súa contorna en Punta Travesada; ou a da Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas, centrada na revalorización dos produtos que extraen as embarcación que comercializan estas capturas a través da lonxa de Cangas. AConfraría de pescadores San Francisco de Vigo aposta tamén por novos proxectos como este no que traballarán por mellorar a gobernanza dos recursos pesqueiros, marítimos e sociais, mediante o estímulo á participación dos seus membros nos órganos de goberno. Pola súa banda, a Asociación San Xerome Emiliani, na Guarda, centra a súa iniciativa no fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas mozas con discapacidade a través da formación e a capacitación en proxectos de economía circular como a reparación de envases plásticos, utilización destes envases para a recollida de residuos, utilización de refugallos para mobiliario portuario ou filamento para impresoras 3D.

 

No tocante aos proxectos produtivos, atopamos o de Gandón, S.A., en Cangas, que busca mellorar as condicións de seguridade e sostibilidade desta empresa armadora co obxectivo de mellorar a produtividade, reducir os desprazamentos e facer unha aposta pola economía circular. Como iniciativa vinculada ao ámbito turístico, está a de Diferent Charter Galicia S.A., en Baiona, que quere instalar un barco charter no porto de Baiona para a realización de rutas turísticas pola ría. E por último, H.Q. Seaweed, en Vigo, continúa a impulsar as súas algas deshidratadas cun proxecto innovador que poña en valor os produtos do mar. 

 

Agora, os promotores dos proxectos contarán cuns días para decidir se aceptan as axudas e emprenden a posta en marcha das súas iniciativas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.