Vigo
A Xunta inicia os contactos para planificar o traslado dos órganos xudiciais á Cidade da Xustiza
A Xunta comezou as reunións periódicas sobre a planificación do traslado dos órganos xudiciais a Cidade Xustiza de Vigo, nunha primeira toma de contacto para abordar os diferentes aspectos que implica o traslado do mobiliario e arquivos das sedes actuais da rúa Lalín e La Gota de Leche á nova sede xudicial.
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto con responsables e técnicos da Vicepresidencia Primeira mantiveron hoxe unha reunión co xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; a fiscal xefa territorial de Vigo, Susana García-Baquero e o secretario coordinador provincial, José Tronchoni. E proximamente cos sindicatos manterase outra reunión na mesma liña que a de onte.
As obras están a piques de finalizar e atópanse na recta final co amoblamento das plantas. Cando rematen as obras, a Xunta solicitará, previsiblemente a finais de xaneiro, a licenza de primeira ocupación polo que nuns meses dará comezo o traslado dos xulgados segundo a programación que se acorde cos sectores implicados.
Na nova sede xudicial serán reubicados máis de 500 traballadores xudiciais dos 38 órganos, que terán a súa disposición unha gardería de 41 prazas para facilitar a súa conciliación laboral e familiar. Nos seus 44.000 metros cadrados acollerá estas 38 unidades xudiciais, xunto coa Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga).
Trátase da infraestrutura xudicial máis importante de Galicia na que a Xunta investiu máis de 42 millóns de euros e que suporá culminar o Plan de Infraestruturas xudiciais, posto en marcha no 2009 dotado con máis de 118 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170