GALICIA
A Xunta prevé ampliar o cadro de persoal do Sergas con 2.000 profesionais fixos
Feijóo salienta que que a isto se suma unha nova convocatoria de concurso-oposición para a cobertura de 94 prazas de persoal funcionario sanitario na escala de saúde pública e administración sanitaria
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou de que a Xunta está a avanzar no desenvolvemento dos procesos selectivos que permitirán ampliar o cadro de persoal do Sergas con 2.000 profesionais con praza fixa.
Nese sentido, anunciou que o próximo luns se publicará a lista de admitidos no concurso oposición para o acceso a 24 categorías nas que se ofertan 680 prazas e cuxas probas se desenvolverán no 2º trimestre de 2022. A isto engadiu que tamén se publicarán as puntuacións provisionais dos procesos selectivos realizados en outubro, unhas probas, abundou, nas que se convocaron 1.311 prazas.
Ademais, Feijóo lembrou que a isto se suma unha nova convocatoria de concurso-oposición para a cobertura de 94 prazas de persoal funcionario sanitario na escala de saúde pública e administración sanitaria.
En concreto, sinalou, serán 19 prazas para licenciado en medicina, 19 para persoal inspector médico, 18 de persoal farmacéutico inspector de saúde pública, 11 de ATS, 6 para licenciados en farmacia, 6 de persoal subinspector sanitario, 5 de inspectores farmacéuticos, 5 para licenciados en químicas, 3 para graduados en bioloxía e 2 psicólogos.
“Mantense así o compromiso coa calidade asistencial e a ampliación dos cadros de persoal do sistema público galego”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191