GALICIA
A tempada de pesca fluvial de 2022 comezará en Galicia o vindeiro 20 de marzo
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, presidiu a semana pasada o Consello Galego de Pesca Continental para fixar co sector as condicións para exercer a actividade
A tempada de pesca fluvial en Galicia para o ano 2022 comezará o vindeiro 20 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así foi acordado durante a reunión ordinaria do Consello Galego de Pesca Continental, que estivo presidida pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e contou coa participación por videoconferencia dunha ampla representación dos distintos axentes implicados neste sector na Comunidade.
Durante a xuntanza, analizáronse as propostas a ter en conta na orde anual que se publicará proximamente e regulará os períodos hábiles de pesca para a vindeira tempada, abordándose tamén o establecemento das respectivas normas e determinacións para cada especie.
Así, no caso da troita, o período xeral abrirase o 20 de marzo prolongándose a súa pesca ata o 31 de xullo, coas excepcións das masas de auga salmoneiras e as de montaña, nas que a tempada comezará máis tarde, concretamente o 1 de maio. Por outra banda, nos coutos de pesca intensiva e nos tramos de pesca sen morte, poderase pescar ata o 30 de setembro; mentres que nos coutos con convenio, con carácter xeral a tempada prolongarase ata esta mesma data na modalidade de pesca sen morte.
No que respecta ao salmón, os pescadores poderán desenvolver a súa actividade a partir do 1 de maio e ata o 31 de xullo. As cotas de captura desta especie serán similares ás do ano pasado nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense. Concretamente, no río Mandeo (A Coruña) establécese en cinco exemplares; nos ríos Masma e Salmeán (Lugo), a cota será de 15 e 10 exemplares, respectivamente; e no Miño (Ourense), o límite será de oito salmóns.
Pola súa banda, na provincia de Pontevedra estableceuse unha cota de 30 exemplares no caso do río Ulla mentres que o Lérez continuará vedado. O límite segue a ser dun salmón por pescador e día, e tamén se mantén a autorización dos engados permitidos.
As cotas de captura e os períodos hábiles establecidos para cada especie recollen as propostas realizadas polos consellos provinciais de pesca
Polo que respecta ao reo, mantense o período xeral do 1 de maio ao 31 de xullo, prolongándose ata o 30 de setembro nalgúns coutos.
Na reunión do Consello Galego de Pesca Continental tamén se abordaron as xornadas hábiles para a vindeira tempada así como distintas propostas trasladadas polos consellos provinciais de pesca.
Finalmente, informouse sobre os resultados do estudo encargado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda á Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre a análise da importancia do salmón na dieta local do corvo mariño grande e medidas de manexo da poboación invernante do corvo mariño grande nos coutos salmoneiros do río Ulla e o seu efecto sobre os stocks de repoboación de troita común e salmón.
Os resultados deste proxecto foron expostos polo profesor Jesús Domínguez Conde, do departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC, que na súa presentación avanzou tamén cales serán as liñas básicas da continuación deste estudo durante a tempada 2022 para outros salmónidos (troita), co fin de poder dispoñer da mellor información técnica actualizada que permita a implementación dun posible plan de manexo das poboacións desta especie en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191