TUI
A Oficina de Turismo atendeu a máis de mil visitantes na primeira semana de decembro
Achegáronse a este punto de información turística 1.006 turistas e 88 peregrinos
A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui ten rexistrado nesta primeira semana de decembro un alto número de persoas atendidas; en concreto, un total 1.094 visitantes. Do total de persoas que pasaron por este punto de información turística a gran maioría, 1.006 persoas eran turistas, e 88 peregrinos.
O desglose destes datos permite comprobar a procedencia deste millar e pouco de turistas que corresponden coas seguintes zonas: Madrid (232), Toledo (84), Valladolid (76), Pontevedra (74), Asturias (68), Salamanca (62), Burgos (52), A Coruña (45) e Vizcaya (32) seguidos por turistas procedentes de Valencia, Tenerife, As Palmas, Cantabria, Ourense, Xaén...Os de procedencia estranxeira eran basicamente portugueses (14) e italianos (4).
No caso dos peregrinos, a procedencia internacional é moi maioritaria nestas datas, ben sexa de Portugal (20) ou doutros países, como o caso de peregrinos de Alemaña (13), Francia (6), Brasil (3) xunto con Bélxica, Reino Unido ou de lugares afastados como Corea ou Australia que teñen visitado a nosa cidade na súa peregrinación a Compostela.
O Concello de Tui expresa a súa satisfacción por estes datos pois a pesar das inclemencias meteorolóxicas rexistradas nestes pasados días os datos antes referidos testemuñan como a nosa cidade tivo un alto número de visitantes nestas datas, o que ten contribuído positivamente ao dinamismo do sector turístico do noso municipio. Complementan estas cifras os numerosos tudenses e visitantes que se teñen achegado a visitar o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira que continuará aberto ata este domingo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175