DEPORTES
O Rosal homenaxea a Javi Díaz, o porteiro que xa acumula 600 partidos na Asobal
O Concello aproveitou o derbi galego entre o Acanor Novás Valinox e o Club Cisne Colegio Los Sauces para poñer en valor “a un referente do noso deporte”
O rosaleiro Javi Díaz é historia viva da liga Asobal e do deporte galego. Acumula 600 partidos na máxima categoría do balonmán estatal, un logro do que tan só poden presumir cinco xogadores en toda a historia da competición. O Concello aproveitou este fito para poñer en valor “a un referente do noso deporte” cunha homenaxe durante o derbi galego entre o Acanor Novás Valinox e o Club Cisne Colegio Los Sauces, na que se lle entregou unha placa conmemorativa cun dos pictogramas elaborados polos rapaces e rapazas do CPI Manuel Suárez Marquier na creación da nova imaxe corporativa do Concello, ademais dunha merecida ovación do público.
A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca a labor de Javi Díaz e afirma que no Rosal “estamos moi orgullosos e orgullosas da súa traxectoria e de cada un dos seus logros”, e agradece que sexa “o exemplo para moitos nenos e nenas de que, con esforzo, todo os soños están máis cerca de ser reais”. Dende o Concello tamén queren agradecer ao Acanor Novás Valinox o seu gran traballo e ao Cisne por colaborar neste recoñecemento conxunto.
Para lograr este fito, Javi Díaz disputou 22 tempadas na elite desde a 1993/94, con algunha pausa na segunda categoría. Militou en todos os equipos galegos de Asobal: Octavio, Chapela, Teucro e agora Cangas, e tamén deixou grandes recordos en Valladolid, Villa de Aranda e Santander.
E semella que a súa carreira aínda lle quedan pasos por dar, xa que con seus 45 anos está alcanzando números que o colocan como un dos mellores porteiros da liga e unha figura fundamental no gran inicio de curso do equipo do Morrazo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217