GALICIA
A Xunta de Galicia destinará 6,2 millóns de euros para ampliar as unidades de atención temperá
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte a asociación Por Eles TEA de Ourense
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que a Xunta de Galicia destinará 6,2 millóns de euros en 2022 para ampliar a máis de 50 as unidades de atención temperá destinadas a nenos de ata seis anos con trastornos no desenvolvemento ou con risco de padecelos. Onte visitou en Ourense a sede de asociación Por Eles Tea, que traballa con pequenos con trastorno do espectro autista e aos que achega este servizo.
Fabiola García destacou o papel de entidades como Por Eles TEA no acompañamento das familias desde o primeiro momento e na atención aos pequenos desde unha perspectiva integral. A asociación ourensá atende a 33 nenos aos que proporciona servizos de psicoloxía, terapia ocupacional ou logopedia, entre outros.
O investimento destinado á rede galega de atención temperá para o 2022 increméntase nun 82% con respecto a este ano. Grazas a isto procúrase continuar ampliando este servizo tan demandado polas familias galegas e que nos últimos anos xa veu aumentada considerablemente a súa cobertura.
No ano 2009 había en funcionamento tan só dúas unidades de atención temperá en Galicia, que cubrían 14 concellos e atendían a 160 nenos. Na actualidade, existen 33 unidades en funcionamento que abarcan 160 concellos e atenden a uns 1500 nenas e nenos. Polo tanto, 20 veces máis unidades, 10 veces máis nenos atendidos e un nivel de cobertura que supera a metade do territorio galego.
Máis de 141 millóns de euros para atención á discapacidade
A conselleira de Política Social puxo en valor os avances que Galicia realizou en materia de discapacidade nos últimos anos. Neste sentido, subliñou o compromiso do Goberno galego con este eido, ao que o vindeiro ano destinará máis fondos que nunca antes, 141,7 millóns de euros que permiten, entre outros aspectos, superar as 5600 prazas de atención especializada para persoas con discapacidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191