Domingo, 22 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 21 de Marzo de 2026 a las 17:38:52 horas

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Regresa aos escenarios o grupo de teatro de Mulleres de Mos

Teatro en igualdade e solidario en Mos

Con máis ilusión que nunca e tras o parón ebido á pandemia , o Grupo de teatro “Mulleres en Igualdade de Mos“  representará este domingo, día 19 de decembro, ás 18.00 horas, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso "OS SENTIMENTOS XOGAN ÁS AGOCHADAS” unha adaptación de Paula Pier da obra de Susana Crespo inspirada no conto de Mario Benedetto “ Los Sentimientos juegan al escondite”

 

A entrada, solidaria deste espectaculo, que forma parte da programación de Nadal do Concello de Mos, será de 2 euros que irán destinados a MosAxuda para a compra de alimentos e xoguetes da campaña de Nadal.

 

Estas doce mulleres do grupo de teatro recalcan a importancia de apostar polo teatro. Declaran que está actividade organizada dende a concellería de Igualdade, lles axuda no seu día a día a superar complexos, a sacar forzas para solucionar problemas familiares ou simplemente a atopar momentos de evasión. O grupo naceu en 2011 a través dun curso organizado polo concello sobre autoestima; a día de hoxe xa conta con guións e representacións de autoría propia, un gran mérito xa que ningunha delas é profesional do mundo escénico.

 

MOSAXUDA

MosAxuda é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

 

Seguindo coa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, solicitan nestes días a colaboración de todos os veciños e veciñas, centros educativos, empresas, asociacións… nesta campaña de nadal 2021 que ademais é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias despois do COVID-19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.