Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 16 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar promove a formación en materia de igualdade entre os clubes deportivos

O goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Igualade, dirixida por Nuria Lameiro, da un paso máis na súa loita pola consecución da igualdade real e poñerá en marcha unha campaña de sensibilización e formación nesta materia no seo dos clubes deportivos do municipio, dos que “esperamos lograr a máxima implicación e colaboración”

A primeira rolda de contacto tívose esta mañá nun encontro ao que foron convidadas todas as directivas dos clubes de fútbol de Gondomar. Asistiron, finalmente, o Lóstrego Club de Fútbol, o Gondomar Futbol Base, o Club deportivo de Couso, o Chaín Club de Fútbol e o Cereixa Gondoma Fútbol base de Chaín, mostrando o seu interese polas propostas expostas pola concelleira e a técnica do Centro de Información da Muller.

 

Sobre a mesa a posibilidade de realizar cursos de formación en materia de igualdade dirixidos ás directivas, os corpos técnicos e, no seu momento, aos propios xogadores e xogadoras. “É fundamental a implicación de todos os sectores da poboación nesta loita, moito máis daqueles que teñen unha repercusión clara sobre miles de persoas, como son os seguidores/as dos deportes”.

 

A iniciativa, tal e como explicaron a concelleira, Nuria Lameiro, e a técnica do CIM, Susana Fernández, terá continuación con futuros encontros coas persoas responsables de outras disciplinas deportivas que se practican no municipio.

 

Ademais expúxose a posibilidade de contralar os temas musicais que se emiten durante os encontros para evitar aqueles que coas súas letras perpetúan actitudes machistas e denigrantes cara ás mulleres. Durante o encontro expuxéronse algúns exemplos, trasladándolles as letras ás directivas que mostraron a súa disposición de ter en conta esta proposición.

 

A concellería de Igualdade segue dando pasos dentro do 4 plan municipal de Igualdade oportunidade mulleres e homes do Gondomar 2017-2020 (prorrogado ata o 31/12/2022), que entre os seus obxectivos contempla a “realización de actividades de sensibilización e promoción da igualdade en colaboración con clubes deportivos locais, co fin de potenciar unha práctica deportiva libre de estereotipos de xénero”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.