GALICIA
A Xunta incrementará nun 10,5% o financiamento dos 84 CIM
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou esta semana en Santiago a última das xornadas do III Plan de formación do persoal dos CIM que arrancou en outubro e incluíu tres accións formativas en liña e a de hoxe presencial
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanzou esta semana que a Xunta incrementará en 2022 a partida destinada a financiar os 84 centros de información á muller que existen en Galicia e que dan cobertura na actualidade de maneira universal e gratuíta a 191 concellos (o 61% dos que conforman a comunidade autónoma). En concreto, investirá un 10,5% máis a este fin, ata chegar aos case catro millóns de euros, tal e como destacou na clausura do III Plan de formación do persoal dos CIM. A conselleira sinalou, ademais, que o propósito do Goberno galego segue sendo ampliar os CIM ao 100% da xeografía galega “para que ningunha muller se sinta desamparada en Galicia”. En total, desde 2009, a Xunta destinou máis de 38,3 millóns de euros no apoio ao funcionamento destes centros.
A terceira edición do plan de formación, que arrancou o pasado 18 de outubro, constou de catro xornadas formativas, tres virtuais e unha presencial, a última que se desenvolveu hoxe en Santiago de Compostela. Os traballadores e traballadoras cualificáronse para mellorar a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero con trastornos aditivos e enfermidades mentais, afondaron no coñecemento do dereito de famillia nos procesos de separación, divorcio e ruptura de parellas e nas últimas modificacións normativas da lei galega que xa recoñece como violencia de xénero a violencia vicaria ou a dixital. Nas xornadas tamén se levou a cabo unha planificación e programación das accións en materia de igualdade para o vindeiro ano.
Os traballadores cualificáronse para mellorar a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero con trastornos aditivos e enfermidades mentais, coñecer o dereito de familia nos procesos de ruptura e afondar na violencia vicaria ou dixital
Na xornada celebrada hoxe, ademais, presentaronse tres proxectos novidosos para loitar pola igualdade entre homes e mulleres e seguir avanzando no camiño para erradicar a violencia de xénero: Hai saída ao maltrato do CIM Terras de Iria; Game Over, Sexismo Virtual, do CIM da Mancomunidade do Salnés; e Son de mulleres, do CIM de Palas de Rei.
“A formación en violencia de xénero é clave e un dos mellores instrumentos para axudar ás mulleres a ser libres e donas de si mesmas, mostrándolles que teñen unha vida por diante acompañadas de persoas que as valoran como se merecen”, apuntou Lorenzana.
Para rematar, puxo en valor o labor diario dos 250 profesionais que traballan nos CIM galegos destacando que desde xaneiro de 2011 ata o de agora atenderon máis de medio millón de consultas (576.544), a maior parte destas relacionadas coa atención psicolóxica (215.445). Tamén leváronse a cabo 165.371 consultas sobre asesoramento xurídico e 87.356 sobre atención a vítimas de violencia de xénero. Nos Centros de Información á Muller tamén se ofrece información de recursos, orientación ao emprego ou información de xursos, xornadas e actividades, entre outros. “A Xunta de Galicia seguirá garantindo e promovendo instrumentos necesarios e a formación en igualdade dos profesionais que traballan en ámbitos relacionados directa ou indirectamente coa violencia de xénero para loitar contra esta lacra social”, rematou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151