Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Xornal21.es
Sábado, 18 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP presentou alegacións ao orzamento da Deputación para mellorar a cobertura dos GES

Cubela sinala que “a Deputación debe asumir as súas competencias e reservar no orzamento o crédito necesario para dar cumprimento ás súas obrigas”

O grupo provincial do Partido Popular presentou alegacións ao orzamento da Deputación de Pontevedra para mellorar a cobertura das emerxencias na provincia. Así, propoñen que o documento inclúa a partida necesaria para renovar e mellorar o convenio dos GES para o período 2022-2024 entre Xunta e deputacións, con melloras que inclúen aumento a 12 efectivos en todos os GES; duplicar a financiación dos servizos municipais de emerxencias que prestan un servizo supramunicipal, que na provincia son Ponteareas e Sanxenxo; crear un subGES con seis efectivos no Grove; e actualizar os salarios de todos os traballadores dos GES para adaptalos aos custes reais na actualidade.

 

O voceiro Jorge Cubela subliña que “entendo que non hai dúbidas de que é importante mellorar as emerxencias da provincia porque, ademais, así o están reclamando os concellos. Tampouco hai dúbidas de que é unha competencia das deputacións provinciais. Polo tanto, si queremos reforzar as emerxencias e a Deputación é quen ten a obriga, o Goberno provincial debe reservar no orzamento o crédito necesario para facelo”.

 

 

 

 

“Mellorar e renovar o convenio é algo fundamental para a provincia, para as nosas vilas e, sobre todo, para a seguridades dos nosos veciños. Os GES fan unha labor indispensable de axuda”

 

 

 

 

Así, e a pesar de que PSOE e BNG rexeitaron na Deputación de Pontevedra unha moción do PP no que reclamaban expresamente que asinasen ese convenio para mellorar as emerxencias coa Xunta, os populares fanse eco das peticións dos diferentes concellos e por iso volven a pedir que o Goberno provincial cumpra coas súas competencias, apoie aos pequenos e medianos concellos desta provincia e reserve cartos nos orzamentos para cumprir coas súas competencias.

 

“Pedimos responsabilidade, e que a Deputación destine fondos provinciais para mellorar a situación dos GES na provincia. Non se pode permitir que haxa zonas de sombras, falar das emerxencias é unha das necesidades prioritarias para os veciños desta provincia”, insiste.

 

Para Cubela, “é necesario renovar e mellorar o convenio das emerxencias. É algo fundamental para a provincia, para as nosas vilas e, sobre todo, para a seguridades dos nosos veciños. Os GES fan unha labor indispensable de axuda, e por iso é importante que así se recolla no orzamento provincial”, conclúe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.