Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 16 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O Porriño

PSOE, EU SON, BNG e UDDL aproban un crédito de 865.616 €

O acordo realizouse co voto a favor de 9 concelleiros (PSOE, EU SON, BNG e UDDL) fronte aos 8 votos en contra do PP.

O pleno da corporación municipal do Porriño aprobou por maioría, con carácter definitivo, unha modificación orzamentaria consistente nun suplemento de crédito de 865.616 euros para facer fronte a distintos pagamentos de telefonía, informática, conserxes e para sufragar gastos do Servizo de Axuda no Fogar e outros derivados da pandemia.

 

O acordo realizouse co voto a favor de 9 concelleiros (PSOE, EU SON, BNG e UDDL) fronte aos 8 votos en contra do PP.

 

Previamente, coa mesma aritmética, as alegacións presentadas foron desestimadas, o que mesmo provocou un receso na sesión para consultas. Finalmente, unha vez reanudada a sesión plenaria, proseguiu o debate e concluíu coas citadas votacións.

 

Ocorreu que dous membros da corporación, Patricia Sío, voceira do grupo EU SON, e Bienvenido Estévez, concelleiro do Partido Popular, tiveron que intervir telematicamente, dando fe da súa participación e voto o secretario municipal.

 

O PP fala de “maquillaxe”

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño criticou que o Goberno Municipal do Porriño recorra novamente a unha modificación orzamentaria para "maquillar", valéndose da corporación, case 900.000 euros de facturación irregular.


"O lavado de cara do bipartito non se sostivo nin uns días", valorou o voceiro, Alejandro Lorenzo. "O `novo goberno ́ arrinca a súa xestión pretendendo branquear centos de miles de euros a través do pleno en facturas por traballos contratados de maneira irregular e a sabendas das gravísimas irregularidades que se están levando a cabo. Como era previsible, cambian as caras pero non as formas".

 

Tamén indican dende o Partido Popular que “así, O Porriño neste ano 2021 gastou máis de 115.000 euros nas festas do Nadal, pero non dota de partida orzamentaria os gastos recurrentes e esenciais, algo que agora pretenden cargarlle ao Pleno para que resolva a falta de xestión total e absoluta”.


 


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.