Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 19 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG chama ao "consenso para evitar unha alcaldía do PP"

A dirección local do BNG vai favorecer un acordo de esquerdas pero non comparte que nas negociacións mantidas entre os grupos se antepoñan intereses partidistas nin que se esixan salarios e cargos de confianza

"A situación actual esixe amplitude de miras para poñer por diante o interese xeral e a calidade de vida das persoas, que para nós é o prioritario" sinalan os nacionalistas porriñeses. "Avanzar no modelo de vila pola que aposta o BNG é a razón pola que decidimos formar parte dun goberno en coalición co PSOE, a pesar das diferenzas que nos separan. As solucións para O Porriño nunca van vir da man dunha dereita que coñecemos de sobra e que xa paralizou cunha moción de censura o cambio iniciado polo Bloque no período 2003-2010".


O BNG asegura que ten "proxectos importantes en marcha e sempre está aberto a acordar en positivo novas iniciativas en beneficio do Porriño. Observamos como nas negociacións mantidas entre os distintos grupos están a primar os intereses de parte antes que o interese xeral. A dereita pódese fortalecer no Porriño grazas a este irresponsábel comportamento. “Nós non compartimos esa forma de facer política. O electorado de esquerdas confía en que se poida artellar unha alternativa críbel ao PP fóra de personalismos”, afirmou a responsábel local do BNG, Míriam Martínez.


No Bloque entendemos que agora é o momento de acordar a investidura, negociar a persoa que ocupe a Alcaldía e as liñas básicas do futuro goberno. Despois haberá que decidir as distintas áreas de xestión e as súas retribucións, dentro da negociación dun novo orzamento. “Debemos buscar unha candidata ou candidato de consenso para reconducir unha situación que pode hipotecar o futuro do Porriño. A proposta do PSOE non conta a día de hoxe cos apoios necesarios. Desde o BNG emprazamos ao grupo socialista a buscar unha opción que garanta a investidura e impida a entrada do PP. Estamos en disposición, de ser necesario, de ofrecer o noso candidato para desencallar a situación. Nós non pomos vetos pero temos a certeza de que Pedro Pereira sería a mellor opción para dirixir o Concello”, concluíu a responsábel local do Bloque.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.