MUNDO EMPRESA
A Xunta destinará máis de 34 M€ en 2022 para axudar ás persoas traballadoras autónomas
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, fixo balance do programa Mentoring Traballo Autónomo no que participaron 200 persoas
A segunda edición do Programa Mentoring Traballo Autónomo que a Xunta desenvolve da man da Fundación Ronsel contou con 200 participantes. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, fixo un balance “claramente positivo” da iniciativa, no que destacou que máis do 97% das persoas autónomas participantes valorárona como moi útil ou bastante útil e máis do 85% subliñaron que esta experiencia mellorará a súa empresa ou actividade profesional nas áreas apoiadas polas persoas mentoras asignadas.
O programa para persoas traballadoras autónomas, que o ano pasado se iniciou como proxecto piloto, experimentou nesta segunda edición melloras para adaptar a experiencia formativa ás novas necesidades e demandas emerxentes. “Estou a falar, por exemplo, do incremento no número de mentores con perfís en marketing dixital, vendas, e-commerce e transformación dixital ou, tamén, da potenciación dos contactos profesionais para o incremento das posibilidades comerciais entre os participantes”, remarcou a conselleira, quen lembrou que Galicia está a ser comunidade referente en mentoring experiencial.
O obxectivo co que traballa a Xunta é que en vindeiras edicións se inclúan novos enfoques e se identifiquen de xeito preciso as tendencias do mercado de traballo, para que “os nosos autónomos e autónomas poidan adaptarse e adiantarse aos diferentes escenarios de futuro”, subliñou a titular de Emprego e Igualdade.
Destacou a eficacia desta iniciativa formativa que o Goberno galego desenvolve da man da Fundación Ronsel pola súa contribución a mellorar a experiencia profesional
A Xunta apoia a fórmula do mentoring como ferramenta útil e necesaria nos procesos de consolidación e crecemento do emprego autónomo, e que se cimenta na confianza mutua entre mentor e beneficiario. “Trátase dun xeito de entender a formación, que demostrou un impacto multiplicador que vai moito máis aló da simbiose dual da mentoría”, indicou María Jesús Lorenzana. “O mentoring multiplica moito máis o talento, xerando unha Galicia máis produtiva, máis capacitada e cun emprendemento á vangarda”, engadiu.
Apoios a persoas traballadoras autónomas
O Programa de Mentoring forma parte das múltiples liñas de apoio que a Xunta de Galicia pon á dispor das persoas traballadoras autónomas da nosa comunidade. O Goberno galego seguirá a respaldar a este colectivo profesional en 2022 con apoios por valor de máis de 34 millóns nos orzamentos da Xunta en torno a dous eixos principais: axudar no inicio da súa actividade con programas como o de Promoción do Emprego Autónomo (12M€) e apoiar, por outra banda, a continuidade, consolidación e crecemento do emprego autónomo, como fai o Programa de Mentoring, cun investimento de 250.000 euros.
Tal e como relatou Lorenzana, en 2022 activaranse novas liñas para abordar o cambio tecnolóxico e a transformación dixital entre o colectivo, co novo programa Empresa Dixital, cun millón de euros de orzamento. Lembrou ademais que a principios de xaneiro activarase a sexta edición do denominado Bono Autónomo que no novo ano contará con 8 millóns de euros (+45,5% que en 2021) e permitirá apoiar, con ata 3.000 euros, servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade dos negocios duns 3.200 traballadores galegos por conta propia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11