Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 21 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PSOE acusa a PP e ACIP de dividir aos comerciantes

A concentración levada a cabo o pasado xoves en Ponteareas provocou o posicionamento dos grupos políticos da corporación. Así o PSOE de Ponteareas manifestou que a concentración “non é un reflexo da realidade en Ponteareas. A concentración foi convocada por unha asociación minoritaria de comerciantes que está codirixida pola edil do PP Lina Costas”. O partido socialista quere significar "a postura da maioría de comerciantes de Ponteareas que pertencen á Federación de comercio e hostalaría Banastra, que non secundou esta concentración".

 

O Partido Socialista acusa ao PP de "pretender sacar un rédito político dunha realidade distorsionada". “O PP e ACIP comezaron a precampaña electoral buscando a confrontación e xerando discordia entre comerciantes e usuarios que o que precisan non é unha campaña para destruír o comercio senón campañas para potenciar o noso tecido empresarial e comercial, sobre todo nestas datas de nadal”, afirman dende o Partido Socialista.

 

“Se a Sra. Lina Costas, vicepresidenta da asociación Comerciantes Tea, está tan preocupada polo comercio na nosa vila ¿por que non presentou nesta lexislatura nin unha soa proposta para o comercio local? A resposta é simple. Porque ao PP non lle interesa traballar para Ponteareas, só lle interesa traballar para gañar unhas eleccións. ¿Por que ACIP, que sen criterio propio súmase á proposta de manifestación do PP non solicitou ningunha reunión de goberno para buscar actuacións de mellora para o comercio local? A resposta é a mesma. Tan só lles moven intereses políticos”, destacan no Partido Socialista.

 

Fronte a isto o PSOE aposta por propoñer medidas que contribúan ao crecemento de Ponteareas. Así, nos próximos días, Ponteareas terá que decidir qué terreos oferta á Xunta de Galicia para a construción dun novo centro de saúde. Como xa teñen manifestado publicamente, o PSOE considera fundamental achegar o centro de saúde ao centro da vila, o que propiciará o dinamismo comercial. “Esta é a nosa aposta. Unha aposta pola localización do centro de saúde nos terreos de Aceiros de Galicia ou Granitos, de xeito que as preto de 1000 persoas diarias que frecuentan o centro de saúde poidan facilmente mercar, tomar un café ou pasear pola vila.” O PSdG-PSOE o que sí espera é que tanto PP como ACIP apoien esta iniciativa que, entre outras, contribuirá a revitalizar o comercio e a hostalaría da nosa vila.

 

O PSOE de Ponteareas amosa a súa disposición a dialogar con todos os axentes sociais para “entre todos conseguir o mellor para Ponteareas. Fronte ao ruído xerado polo PP e ACIP, o Partido Socialista propón medidas enriba da mesa que sexan favorables para todos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.