REDONDELA
A praza de abastos de Redondela trae os agasallos máis frescos do nadal
Centos de premios directos e vales de compra para mercar na Praza de Abastos de Redondela
A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración co Concello de Redondela organizan unha actividade para a dinamización deste tradicional espazo comercial.
A Praza de Abastos convértese estas datas de Nadal nunha visita obrigada para a clientela que guste de saborear os produtos máis frescos. Peixes, mariscos, bacallau, carnes e un sen fin de froitas de verduras son ingredientes imprescindibles para calquera elaboración culinaria e as prazas son o principal referente de calidade e frescura e este Nadal a praza quere agradecer a súa clientela mais fiel con centos de premios directos que se darán cita mañá na RULETA DA SORTE DA PRAZA DE ABASTOS. A cita é mañá 22 de decembro de 2021 en horario de 11:00-13:00h.
Desde o pasado 10 de decembro polas compras realizadas na Praza de Abastos á clientela recibiu boletos e moitos deles con tiradas para participar nesta ruleta da sorte na que ademais de centos de premios directos poderemos gañar vales de compra para mercar nos establecementos do mercado.
As compras que se realicen durante toda a xornada de mañá contarán cun packaging especial, xa que poderán ser entregadas nunha bolsa reutilizable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17