O Porriño
O BNG responsabiliza a PSOE e EU-Son de abrir a porta da alcaldía ao PP
A Dirección Local do BNG do Porriño considera "responsables a PSOE e EU-Son da falta de acordo nunha investidura que pode permitir a entrada do PP"
"A situación de emerxencia alegada por EU-Son para negociar unha moción de censura co PP, e a estratexia de bloqueo que compartían no pleno, só serviu para que a anterior alcaldesa dimitira." Neste sentido o BNG lamenta que "nin o PSOE nin EU-Son tiveran estado á altura das circunstancias. O PSOE por non promover as negociacións, na procura dunha persoa candidata de consenso; e EU-SON por ter creado esta situación e priorizar persoas e cargos diante de iniciativas e proxectos para mellorar a vida do concello".
"Os proxectos importantes que ten en marcha o BNG buscan un Porriño máis humano, máis verde e con mellores servizos. Este modelo de vila que o Bloque impulsa pódese ver paralizado de entrar o PP no goberno". A Dirección Local do BNG considera que "este tempo de negociacións tiña que ter servido para fortalecer un goberno alternativo ao PP e non para facilitarlle a alcaldía". Desde o BNG "facemos unha chamada para acordar a investidura: Estamos a tempo de remontar esta situación e non hipotecar o futuro do Porriño se temos vontade de entendemento”, declara o Portavoz, Pedro Pereira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22